Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consello da Xunta aproba medidas para progresar na eAdministración e na banda larga en polígonos industriais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consello da Xunta aproba medidas para progresar na eAdministración e na banda larga en polígonos industriais

Redacción
Publicado: 07/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20160407_feijoo_02.jpgO presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijoo, avanzou hoxe a aprobación, por parte do Consello da Xunta, da convocatoria de axudas para despregar redes de 100 Mbps en polígonos industriais e destacou que os cidadáns e as empresas galegas xa poden realizar 3 de cada 4 trámites da Xunta de xeito electrónico.
Contar cunha conexión a Internet da máxima calidade é clave para acceder a moitos dos recursos que ofrece a rede de redes e precisou as axudas para o despregamento de redes de 100 Mbps en polígonos industrias é a primeira actuación do Plan de Banda Larga 2020, que prevé estender redes ultrarrápidas en zonas con alta demanda e que non teñen aínda cobertura.
Esta actuación ten como obxectivo que o 90% da superficie empresarial ocupada en Galicia poida ter acceso a redes de 100 Mbps en ano e medio. Para isto, a Xunta conta cun orzamento de máis de 3,4 millóns de euros ata 2018, cofinanciados nun 75% por fondos FEADER. En todo caso, estímase que se mobilicen en total máis de 5,2 millóns de euros.
Feijoo lembrou que hoxe, dos 164 polígonos industriais de Galicia, só 46 teñen xa acceso a redes de 100 Mbps e outros tres teñen previsto telos. Neste senso, indicou a medida aprobada hoxe oriéntase cara aos 115 restantes.
Con todo, apuntou tamén que, como mínimo, a Xunta busca que as redes ultrarrápidas cheguen a 50 polígonos máis que, sumados cos anteriores 49, suporían case o 90% da superficie empresarial ocupada.
Con respecto aos prazos, neste mesmo ano esperamos que as redes de 100 Mbps cheguen a 13 novos polígonos, a outros 22 en 2017 e, finalmente, a 15 máis en 2018, chegando así aos 50 que nos marcamos como mínimo.

Avances na eAdministración

20160407_feijoo_03.jpgO Consello da Xunta tamén autorizou hoxe unha orde do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para incorporar novos procedementos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. En concreto, véñense de revisar case un cento de procedementos da consellería, dándose de baixa 47 por estar obsoletos e incorporándose 48 á sede electrónica.
Así, a partir de agora pasarán a estar preparados para admitir a súa presentación electrónica procedementos tan relevantes como o Rexistro público de demandantes de vivendas; o depósito de fianzas; a autorización de transportes de uso especial; a xestión da renda básica de emancipación; ou os movementos de terras.
A sede electrónica da Xunta xa dispón de 1.140 procedementos accesibles a través da web, e segundo Feijoo, só faltan dúas consellerías por incorporarse á sede electrónica da Xunta e confía en que, aproximadamente no verán, o Goberno galego finalice o Plan Achega, de xeito que a Xunta sexa unha oficina que funciona as 24 horas do día.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?