Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Álvarez-Pallete asume a presidencia executiva de Telefónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Álvarez-Pallete asume a presidencia executiva de Telefónica

Redacción
Publicado: 08/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rtdos1.jpgO Consello de Administración de Telefónica, na súa xuntanza celebrada esta mañá, aprobou por unanimidade o nomeamento de José María Álvarez-Pallete como presidente executivo da compañía, do seu consello de administración e da comisión delegada.
Durante a súa primeira intervención como presidente do Consello, Álvarez-Pallete ratificou a estratexia de crecemento de Telefónica e os obxectivos comerciais e financeiros anunciados ao mercado o pasado mes de febreiro. Estes inclúen un compromiso expreso cos accionistas a través dunha atractiva política de retribución, que en 2016 inclúe a repartición dun dividendo de 0,75 euros por acción.
José María Álvarez-Pallete accede á presidencia de Telefónica tras 17 anos en postos directivos, que lle levaron desde a dirección xeral de finanzas ao cargo do conselleiro delegado, pasando pola presidencia de Telefónica Latinoamérica e Telefónica Europa (incluída España). Agora terá que afrontar os novos retos do mercado dixital cun consello de administración renovado, tras a renuncia voluntaria de catro vogais con ampla traxectoria no máximo órgano de xestión. Trátase de Fernando de Almansa, Carlos Colomer, Santiago Fernández-Valbuena e Alfonso Ferrari. Todos eles recibiron un profundo recoñecemento polas súas achegas e a independencia que dirixiu as súas actuacións e favoreceu un debate sempre construtivo.
Catro novos conselleiros independentes, nomeados por cooptación a proposta da Comisión de Nomeamentos, Retribucións e Bo Goberno, e cuxa ratificación foi proposta á Xunta Xeral de Accionistas, incorpóranse ao Consello de Telefónica:
– Ignacio Cirac, é físico e unha das referencias mundiais en Óptica Cuántica. Cirac é o managing director do MAX PLANCK INSTITUTE for QUANTENOPTIK en Múnic e membro de destacados Advisory Boards de Ciencias e Quántica como o de Rusia, Universidade de Tsinghua (China), Consello Superior de Investigacións Científicas e o Visiting Committee do M.I.T. (Massachusetts Institute of Technology).
– Javier Echenique, foi director xeneral do Grupo BBVA, conselleiro e director Xeral de Allianz-Ercos e membro de numerosos consellos de administración, entre outros de Telefónica. Actualmente Echenique é vicepresidente do Banco Sabadell, e conselleiro de Repsol, ACS, Ence e Telefónica Móviles México.
– Sabina Fluxà, co-vicepresidenta executiva e CEO do Grupo Iberostar, fundado polo seu pai Miguel Fluxà. Fluxà é conselleira en ACS, membro do Consello Asesor Rexional do BBVA, e Patroa das Fundacións Iberostar, Endeavor e ACS.
– Peter Löscher, foi presidente e CEO do grupo alemán Siemens, CEO de General Electric Healthcare e presidente de Hoechst en España. Löscher é actualmente chairman de Sulzer A.G., vice chairman de Renova Management A.G. e membro do Advisory Board de Deutsche Bank.
Á fronte deste novo Consello de Administración, José María Álvarez-Pallete asume o reto de capturar todo o potencial que ofrece a revolución dixital e converter a Telefónica nunha Onlife Telco de referencia mundial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?