Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EGATEL presenta os seus novos transmisores de baixa potencia en NAB
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EGATEL presenta os seus novos transmisores de baixa potencia en NAB

Redacción
Publicado: 08/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

egatel-6.jpgA empresa galega EGATEL vén de anunciar a súa presenza na edición 2016 do salón NAB (NAB Show) que xunta os vindeiros días en Las Vegas (do 16 ao 21 de abril) o máis avanzado e innovador da industria das novas tecnoloxías e os servizos de radiodifusión. A firma de Ourense, emprazada na Tecnópole, estará na feira norteamericana (na que recunca logo da súa participación nela o ano pasado por estas mesmas datas) presentando as súas novas series de transmisores de TV e gap-fillers de baixa potencia. Falamos das familias TUWH1000, que salientan entre outras cousas polo seu deseño compacto e por acadar potencias de ata 115 Wrms nunha soa unidade de rack. Con estas e outras características, sinala EGATEL, os transmisores facilitan aos operadores as tarefas de instalación, operación e mantemento.
Por certo que con estas novidades a compañía galega quere ampliar o espectro da alta eficiencia enerxética a todo o rango de potencias de RF, “aplicando a Tecnoloxía Doherty en banda larga aos transmisores e reemisores que se utilizarán nas últimas fases de cobertura dunha rede de TV”. Segundo informa José M. Mariño, director de Vendas e Mercadotecnia de EGATEL, “os transmisores ofrecen unha relación prestacións-custo inmellorable, e de feito”, engade, “ningún outro fabricante do sector asumira antes este compromiso en favor da eficiencia aplicada ao aforro de enerxía e espazo”. E apunta: “As canles de televisión precisan facilidades fronte aos custosos gastos de mantemento e buscan sistemas fiables e de calidade”.
egatel_serie.jpgAs novas series que se van presentar no salón NAB estarán prontas para traballar en todos os estándares de TV Dixital (DVB-T/T2, ATSC, ISDB-Tb). Ademais, explican dende EGATEL, foron especialmente deseñadas para cubrir as necesidades de instalacións de baixa potencia e con limitacións de espazo. Incorporan un avanzado sistema de “precorrección dixital con capacidade de adaptación” que elimina as distorsións da etapa de potencia e un cancelador de ecos multistandard de gran potencia (no caso dos gap-fillers SFN, de altas prestacións). Ademais, salientan por integrar un sistema Web GUI que posibilita a xestión completa dos equipos en modo local ou remoto, “resultando as tarefas de supervisión e mantemento extraordinariamente sinxelas”.
Amais disto, EGATEL tamén amosará o seu Smart LNB, un equipo desenvolvido para o operador de satélites Eutelsat. Trátase dun dispositivo electrónico de última xeración equipado cun novo transceptor conectado á antena parabólica que dispón dunha canle de retorno de alta eficiencia. “O terminal revolucionará o mercado SatCom”, informa EGATEL, “ao abrir a porta a unha ampla gama de servizos de TV conectada vía satélite como HbbTV, redes sociais, operacións de compra, consumo de contidos á carta, etc; así como aplicacións Machine to Machine (M2M): eSaúde, Casa Conectada, Smart Metering, etc”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?