Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha unha iniciativa galega para facilitar o traballo intelixente nas aulas: o proxecto SIMPLIFY
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha unha iniciativa galega para facilitar o traballo intelixente nas aulas: o proxecto SIMPLIFY

Redacción
Publicado: 08/04/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gradiant_simplify.jpgO Centro Tecnolóxico Gradiant está a presentar estes días os obxectivos e funcionalidades do proxecto SIMPLIFY, cuxo obxectivo será achegar ferramentas de soporte ao educador que lle axuden a entender mellor o proceso de aprendizaxe e os posibles problemas neste ámbito dos seus alumnos. A maiores, unha das finalidades básicas do proxecto é acadar que os mestres adiquen menos esforzo ás tarefas máis rutineiras de supervisión ao mesmo tempo que se fornece un mecanismo de reforzo da aprendizaxe. En palabras de Gradiant, “facilitará o smart working na aula”. Detrás de SIMPLIFY atópase un consorcio liderado pola empresa Ednon, con sede en Santiago, que se completa coa presenza da firma Oceano e do Centro Tecnolóxico Gradiant.
En termos concretos, o proxecto impulsa e reforza a asimilación de coñecemento dos estudantes botando man de técnicas propias dos eidos do learning analytics (analíticas de ensino) e a psicometría. O sistema, engade o centro tecnolóxico, analiza de maneira continua os datos que producen os alumnos na súa interacción coa contorna educativa, amais de xerar un modelo visual do alumno. Nun plano aínda máis concreto, a tecnoloxía que pon en xogo SIMPLIFY determina, de xeito intelixente, que información é a verdadeiramente relevante para o profesor nun con contexto dado, amosándoa en detalle e evitando, desta maneira, un exceso de datos que poida devir “nun fenómeno de parálise por análise”.
SIMPLIFY, prosegue Gradiant, dotará aos profesores de informes automáticos de actividade cos que identifiquen posibles problemas nas actividades asignadas, o que lles deixaría marxe de abonda para prepararen e adaptaren con antelación as súas clases presenciais. Igualmente, o sistema posibilitará integrar información introducida polo profesor con trazas xeradas de maneira automática polos contidos, “ofrecendo así soporte para a avaliación da aprendizaxe baseada en proxectos (PBL) ou a avaliación por competencias desde unha plataforma única”.
Todos estes recursos e potencialidades terán como consecuencia, sen dúbida, unha mellor e máis exhaustiva atención á diversidade na aula. Ao fío disto e de todo o devandito, o proxecto inclúe na súa formulación a realización dos seguintes desenvolvementos técnicos: Dashboard intelixente para o profesor integrado sobre o seu LMS (que realiza un seguimento do alumnado e amosa as súas principais dificultades), contidos educativos dotados de capacidades analíticas (que lles permiten aos mestres adaptarse de maneira autónoma aos distintos graos de diversidade da clase e ofrecer, en detalle, información sobre a súa eficacia docente) e desenvolvemento dun titor adaptativo para o reforzo escolar que de maneira periódica fará repasar ao alumno materias pasadas (sen intervención do profesor) co obxecto de afianzar os seus coñecementos. Ademais, completando a listaxe de desenvolvementos técnicos, fornécese unha funcionalidade de xeración automática de informes personalizados para a comunicación coas familias.
A contribución de Gradiant
Gradiant, para dar completo soporte a este proxecto, dispón dun equipo de traballo especializado en eLearning. Os seus profesionais dispoñen tanto de coñecemento pedagóxico como tecnolóxico, actuando como dinamizadores do traballo conxunto de tecnólogos e pedagogos. Son especialistas en learning analytics e psicometría. Dentro de SIMPLIFY, Gradiant encárgase do desenvolvemento dos módulos puros de I+D+i e, en especial, do motor psicométrico que alimenta o sistema.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?