Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant impulsa un detector de dispositivos que nos amosa o que lle interesa aos nosos clientes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant impulsa un detector de dispositivos que nos amosa o que lle interesa aos nosos clientes

Redacción
Publicado: 11/04/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

mobil_centro_comercial.jpgCo obxectivo de axudarnos a extraer información útil, eficaz e rendible sobre o noso mercado potencial, o Centro Tecnolóxico Gradiant vén de desenvolver “un detector de dispositivos” que permite saber quen se aproxima a un punto de interese, canto se achega e que tempo fica na súa contorna (e mesmo cal é o modelo de dispositivo que leva no seu peto). Grazas a este “detector”, sinalan fontes do centro, podemos coñecer cal é o grao de atractivo que xeran determinados emprazamentos. Este desenvolvemento é unha innovadora mostra da evolución experimentada pola mercadotecnia ao longo do último decenio. Segundo apunta Gradiant, “unha boa análise de datos sobre os nosos clientes potenciais pode axudarnos a multiplicar vendas”.
En boa medida, o “detector” tamén se dirixe a sensibilizar ás empresas sobre un ámbito de información de gran importancia para as súas actividades: o comportamento e as motivacións dos seus clientes. “Cada persoa, cada consumidor”, informa o centro tecnolóxico con motivo da presentación do “detector”, “xera cada poucos días centos de megas de información sobre as súas rutinas, costumes, gustos ou desprazamentos”. Dito doutro xeito: os nosos dispositivos intelixentes son en certa medida un elemento de gran valor para nós mesmos pero tamén para as firmas que operan no mercado.
Para desenvolver esta tecnoloxía, Gradiant achegou un sistema que estuda o tráfico de datos e máis a intensidade dos sinais que emiten os dispositivos móbiles, e grazas ás técnicas de Data Anaytics (analíticas de datos) pódese pescudar o fluxo de visitas e máis a proximidade dos usuarios no intre mesmo de amosar “o interese”. En definitiva, podemos identificar “puntos quentes” nunha tenda, rúa ou centro comercial, para saber que áreas atraen clientes e cales non.
tarxeta_credito.jpgSegundo engade Gradiant, “coñecer o tempo que un smartphone fica preto dunha localización, ou as veces que volve visitala, ofrécenos unha medida fiable e concreta sobre o interese que esperta esa localización e os seus elementos sobre un cliente potencial”. Así, “canto máis preto estea o cliente e máis tempo permaneza aí, maior con toda probabilidade será o seu grao de interese”. Esta información xerada, explican os responsables do desenvolvemento, resulta “moi útil para validar novos produtos, mellorar a distribución do xénero ou verificar estratexias de mercadotecnia”. Entre os casos concretos que se citan como potenciais “usuarios” deste sistema atópanse as diferentes actividades postas en marcha por congresos, exposicións, tendas de retail ou supermercados. “O noso prototipo”, engade Gradiant, “pódese combinar con outras tecnoloxías Gradiant para o retail, como Gradiant Demographics ou os nosos desenvolvementos sobre Vídeo Analytics ou Análise de Sentimentos en Redes Sociais”.
A principal consecuencia destes recursos postos en xogo son un feixe de datos de valor que nos permiten encetar todo tipo de decisións estratéxicas. Por exemplo: utilizar técnicas de atracción de tráfico, validar campañas puntuais ou desenvolver promocións de mercadotecnia que atraian máis público obxectivo. Ou, tamén, combinar de maneira intelixente esta información con outra que xa está en poder das marcas, por exemplo o tempo concreto en que un establecemento ten máis xente ou vende máis. “Isto”, conclúe Gradiant, “pode ser o xermolo dunha estratexia que multiplique os resultados nun determinado punto de venda”.
O prototipo foi presentado con gran éxito no Big Data & Analytics Retail Summit 2016.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?