Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado do Campus de Pontevedra ensaia técnicas para facérense visibles na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado do Campus de Pontevedra ensaia técnicas para facérense visibles na Rede

Redacción
Publicado: 11/04/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_curso_visibilidade_online.jpgEstes días celébrase na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Campus de Pontevedra) o curso Incrementa a túa visibilidade online, unha actividade que, como o seu propio nome indica, diríxese a fornecernos recursos para “existir” na Rede e atesourar o meirande número de visitas e contactos. Como ben di a consultora María Saez, profesora da actividade formativa (xunto coa experta en mercadotecnia Cristina Costa), “hoxe en día xa non nos conectamos a Internet, vivimos en Internet”. O obradoiro, de 30 horas de duración, dá acollida dende hai semanas (todos os xoves) a 20 estudantes. O obxectivo central: dotalos das nocións básicas para o deseño dunha estratexia conducente a incrementar a presenza e visibilidade na rede de persoas, empresas ou colectivos.
O curso conta coa profesora Mónica Valderrama (CSSS e da Comunicación) en labores de coordinación. A actividade, segundo informan, vai “do teórico ao práctico”, procurando que alumnos e alumnas poñan en práctica os coñecementos adquiridos no desenvolvemento dun caso ficticio: o deseño dunha estratexia de mercadotecnia dixital para unha tenda de noivas en liña. As responsables do obradoiro sinalan que “unha das cousas máis importantes que queremos facer entender aos estudantes é que, á hora de incrementar a visibilidade na Rede, “non hai unha receita máxica que funcione para todos os casos”. As liñas de acción son do máis variado: dende accións para a optimización do posicionamento en buscadores, á publicidade dixital ou a xestión de contidos en redes sociais. De feito, nuns tempos nos que as persoas “interactúan e consumen” a través da Rede, non contar cunha adecuada presenza en Internet supón, como engade Saez, “limitar o noso potencial dunha forma moi importante, por non dicir crítica”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?