Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA e o CPEIG celebran o Día das Rapazas nas TIC cun coloquio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA e o CPEIG celebran o Día das Rapazas nas TIC cun coloquio

Redacción
Publicado: 11/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rapazas_tic_2016_02.jpgO 28 de abril o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizan varios actos para conmemorar o Día das Rapazas nas TIC (Girls in ICT Day), no marco do Plan Proxecta e a iniciativa Rapaciñ@s, dirixido especialmente aos centros de secundaria de Galicia.
O Día das Rapazas nas TIC é unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar as novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional, e no caso galego os actos de celebración comezarán ás 11 da mañá cun coloquio que se realizará desde varios centros educativos por multiconferencia con catro destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de Secundaria poderá coñecer e preguntarlles calquera dúbida sobre esta profesión ou as motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido. A actividade desenvolverase de 11:30 ata as 12:30 horas.
As participantes no coloquio serán:
– Natalia Costas Lago, enxeñeira en Telecomunicacións e máster en seguridade da información, xestiona a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) e os servizos de rede do CESGA, ademais de participar en proxectos innovadores baseados en redes de banda larga.
– Susana Gómez Carnero, Doutora en Enxeñaría Informática, CEO en Origami Soluciones, empresa de consultaría e desenvolvemento de solucións TIC, Directora Executiva BNI Galicia.
– Rebeca García Fandiño, doutora en Química, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela e CSO en MD.USE Innovative Solutions, empresa dedicada ao desenvolvemento de software científico e aplicacións educativas para Química a través da realidade virtual.
rapacinos-3.jpg – Lorena Otero Cerdeira é doutora en Informática pola Universidad de Vigo, docente e investigadora do LIA2 (Laboratorio de Informática Aplicada) da Universidade de Vigo, membro da Xunta de Goberno do CPEIG, na que tamén preside a súa comisión de Igualdade.
Ás 17:30 horas emitirase o fallo do concurso de programación escolar sobre Scratch da iniciativa Rapaciñ@s, e en paralelo, haberá visitas guiadas ao corazón do Finis Terrae 2 , o superordenador do CESGA, así como un obradoiro de impresión 3D. Estas actividades están pensadas para escolares de entre 10 a 14 anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?