A AMTEGA vén de ampliar a 200 Mbps a velocidade de conexión a Internet de tres centros educativos Vigo. Con esta mellora os IES Álvaro Cunqueiro e Pino Manso (O Porriño) e o CEIP Valle-Inclán, que contaban con liñas de entre 8 e 15 Mbps terán un acceso máis efectivo á Rede, sen esperas ou contratempos, permitindo a conexión simultánea dun maior número e o funcionamento de máis aplicacións informáticas cun tempo de resposta adecuado.
As melloras realizadas pola Xunta nos últimos anos permitiron dotar de conexións de 200 Mpbs a máis de 300 centros educativos, que ao longo deste ano se incrementarán a máis de 400. Esta actuación ampliarase ata o 100% dos centros públicos de primaria e secundaria no prazo de dous anos, grazas a un acordo de colaboración entre a AMTEGA, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Ministerio de Educación, Cultura e o Deporte e Red.es. Cun orzamento de 19,1 millóns de euros ambas Administracións dotarán de conectividade de 100mbps a outros 839 centros públicos, así como dun punto Wi-Fi por cada 60 alumnos en todos os centros.
Tres centros educativos da comarca de Vigo amplían as súas conexións a Internet a 200 Mbps
Compartir Este Artigo

