Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Galipedia xuntou apoios na Universidade de Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Galipedia xuntou apoios na Universidade de Vigo

Redacción
Publicado: 13/04/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_galipedia_wikimaraton.jpgA Galipedia, a Wikipedia galega que arestora conta xa con 129.500 artigos, vén de celebrar un wikimaratón na Facultade de Filoloxía e Tradución (UVigo). O obxectivo da cita (que forma parte dun itinerario de actividades por toda a xeografía galega) foi ampliar fondos e equipo de colaboración. A sesión veu da man da comisión de Normalización Lingüística do propio centro. Segundo nos conta nun senso máis amplo, a finalidade deste tipo de xuntanzas é visualizar a nosa enciclopedia virtual perante a comunidade internauta, amosando o seu funcionamento e facendo o posible para favorecer a chegada de novos editores de contidos. A xornada foi presentada pola vicedecana Susana Rodríguez Barcia e colleu corpo cunha introdución á Galipedia da man dun dos seus colaboradores, Miguel Anxo Solla.
Solla expuxo perante os asistentes o funcionamento da ferramenta para poder publicar novos artigos ou editar os xa existentes. Xunto con Adrián Estévez, administrador da Galipedia, convidou aos asistentes a escribir “sen medo”, “con afouteza”, porque sempre hai tempo “de reverter os contidos” que, segundo lembraron, “están sometidos a unha revisión en tempo real, evitando a publicación de información incorrecta ou non contrastada”.
Entre outras cousas, fixeron saber que a propia Galipedia ten un asistente de creación de artigos e un libro de estilo, así como unha guía para os que se queren estrear, tanto cun artigo de seu, como editando un xa existente. Tamén lembraron “algunhas liñas vermellas que non se deben cruzar”, como a publicación de artigos de autopromoción, xa sexa de persoas como de grupos, asociacións ou traballos ou o uso de contidos con dereitos de autor e recomendaron “especial coidado no tratamento de materias polémicos”, para o que debe prevalecer un punto de vista neutro. Os mellores artigos, sinalaron, son recoñecidos cunha estrela amarela que aparece na páxina e na actualidade, a Galipedia conta con 63 entradas con esta distinción.
Ademais, nun plano máis xenérico, informaron que a Galipedia atesoura a día de hoxe 129.500 artigos e 14 administradores, ao tempo que lle quitaron ferro a todo este labor colectivo, salientando que é moito máis doado e sinxelo do que pode parecer nun primeiro intre. Segundo fixeron saber, a achega de entradas pódese “facer de xeito anónimo ou como usuario rexistrado”, sendo estes últimos os que levan preto do 90% do peso da actividade. De feito, “arredor dun 35% dos artigos foron creados polos dez editores máis activos”, informaron, engadindo que a estes usuarios rexistrados “presupónselles boa vontade e as súas edicións a penas precisan revisión”.
Na actualidade a Galipedia conta con 1000 usuarios rexistrados, dos cales 25 editan contidos todos os días e outros 100 fano de maneira cotiá. Sobre os contidos máis consultados, Estévez explicou que adoitan ser xenéricos, por exemplo termos como “Vigo” e “Coruña”, “lingua galega” ou “Galicia”. A calidade dos contidos dun determinado tema tamén condiciona o número de visitas, engadiu, destacando que isto axuda tamén a mellorar a información fornecida. “Se non atopamos información de calidade, moitas veces recorremos á Wikipedia do español ou do inglés, pero se atopamos esa información en galego, non só consultámola decote, senón que contribuímos a mellorala, é un proceso de retroalimentación”. Outro aspecto que puxeron sobre a mesma foi “a escasa presenza feminina en todas as wikipedias”. En inglés, por exemplo, o 85% dos contidos teñen selo masculino e “en galego a porcentaxe é algo superior”, segundo sinalaron.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?