Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudantes da ESEI de Ourense visitan o CESGA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudantes da ESEI de Ourense visitan o CESGA

Redacción
Publicado: 13/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_visita_cesga.jpgO pasado luns 11 de abril 35 estudantes de grao e mestrado da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense achegábanse ata as instalacións do CESGA (Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia) en Santiago de Compostela co gallo de coñecer de preto todo o ensarillado que supón o centro de cálculo de referencia en Galicia, declarado Infraestrutura Científico Tecnolóxica Singular de España. A visita ao CESGA xorde no contexto da materia Computación distribuída e de altas prestacións, do Mestrado en Enxeñaría Informática que se imparte no centro ourensán.
“Foi unha visita moi interesante. Puidemos coñecer as súas instalacións e servizos, falar da posibilidade de prácticas extracurriculares e de colaboracións relacionadas con traballos fin de mestrado dos estudantes, amosando dende o CESGA toda a súa dispoñibilidade”, apuntou Leandro Rodríguez, o docente promotor da actividade.
E volvendo ao percorrido polo CESGA, dicir que se dividiu en dous grupos que tiveron a oportunidade de escoitar as explicacións de Javier García Tobío, director-xerente da Fundación CESGA, e de técnicos das áreas de proxectos, comunicacións e sistemas, que contaron polo miúdo todo o relacionado cos servizos que presta este centro ao seus usuarios. “O alumnado tivo a oportunidade de coñecer de primeira man as aplicacións prácticas de investigación que teñen as altas prestacións e os servizos que dá o CESGA a empresas e institucións”, comentou o docente. A visita permitiulle aos estudantes ver as infraestruturas dispoñibles, como os supercomputadores e os sistemas de protección e mantemento, entre outros equipos.
Para facérmonos unha idea da importancia da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, cómpre sinalar que estamos perante un centro de cálculo, comunicacións de altas prestacións e servizos avanzados, estando as súas infraestruturas encamiñadas a achegar grandes potencias de cálculo computacional en contornas científico-tecnolóxicas por medio de diferentes arquitecturas, así como permitir á comunidade científica galega acceder ás redes académico-científicas estatais e internacionais por medio de grandes anchos de banda.
Engadir, por último, que a visita realizada polos estudantes da Escola Superior de Enxeñaría Informática ao CESGA, era a primeira pero dado o seu interese para a formación do alumnado, os seus promotores agardan repetila o vindeiro curso académico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?