Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AEMOS impulsa a súa xornada de negocios cunha nova web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AEMOS impulsa a súa xornada de negocios cunha nova web

Redacción
Publicado: 14/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aemos_xornada_de_negocios-2.jpgA Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) recunca co seu “seu evento anual por excelencia”. Trátase da cuarta edición da súa Xornada de Negocios para empresas da comarca, interesadas en establecer relacións comerciais, ofrecer os seus produtos, intercambiar experiencias e aumentar a súa rede de contactos facilitando o networking. No evento salientaranse as potencialidades da área industrial da Veigadaña (PEMOS) e máis a oferta de servizos que o territorio de Mos ofrece ao tecido empresarial. Presentaranse, ademais, novos servizos tecnolóxicos para os empresarios, incluída a web específica da xornada, que xa está plenamente operativa.
A cita será o vindeiro xoves, 21 de abril, a partir das 09.00 horas, no Club Financeiro de Vigo. Poderase dar acubillo a medio cento de empresas.
Como dixemos, nesta ocasión un dos obxectivos do evento será o de realzar o PEMOS, dirixíndose tanto ás empresas que xa están instaladas (difundindo e promovendo as distintas actividades empresariais que hoxe en día se desenvolven no parque), como a aquelas que puidesen estar interesadas. “As empresas que se dean cita na xornada”, sinala AEMOS, “poderán coñecer as potencialidades que ofrece esta área de negocio en crecente desenvolvemento e os proxectos en marcha”.
Persoal das institucións competentes explicarán ademais as distintas liñas de axudas e incentivos existentes para a implantación de procesos produtivos, así como das infraestruturas e servizos adecuados a novos tempos e en resposta ás novas necesidades.
Nesta edición, a xornada incorpora dúas novidades de última xeración: tecnoloxía NFC con aplicación propia e unha páxina web de seu, aemos.es/jornadadenegocios, o portal deseñado especificamente para o evento no cal exponse toda a información respecto do mesmo e, a través do cal, tamén se pode realizar a inscrición ou consultar calquera dúbida.
Polo que respecta á tecnoloxía sen fíos a curto alcance (NFC), trátase en palabras de AEMOS de “prescindir do papel”, dispondo de “toda a información en dixital á que se pode acceder desde calquera dispositivo móbil”. E engaden os responsables da asociación acerca das vantaxes desta tecnoloxía: “Cando as empresas se rexistren poderán subir á aplicación todo o que desexen, desde o tarxeta de visita ata a presentación ou os seus produtos e servizos, co obxectivo de que mediante un clic outra usuario poida visualizalas, ficando todo almacenado nunha base de datos á que se pode acceder en calquera intre”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?