Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As principais empresas galegas de xeoinformática participan nunha xornada en Vigo o 20 abril
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As principais empresas galegas de xeoinformática participan nunha xornada en Vigo o 20 abril

Redacción
Publicado: 14/04/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

atlantic_xeoinformatica_day.jpgO mércores 20 de abril a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo vai acoller unha actividade de gran interese para os nosos investigadores do ámbito da xeoinformática, que é como se coñece a póla do coñecemento centrada (entre outras cousas) no estudo de datos xeográficos e espaciais xerados a través do emprego das novas ferramentas dixitais. A Primeira Xornada Atlantic Geospatial Day vén da man do mestrado en Xeoinformática que se imparte na actualidade na Facultade de Informática da Universidade da Coruña e na ETS de Minas da Universidade de Vigo. Participan algunhas das nosas compañías máis senlleiras neste ámbito TIC.
Segundo informa a UDC trátase dun encontro entre desenvolvedores, usuarios e empresas do sector da tecnoloxía xeoespacial de cara “ao coñecemento dos avances recentes nas diferentes vertentes do sector”. A xornada contará con charlas convidadas impartidas por representantes de Google Europa (relatorio de Ed Parsons), Deimos Space (Félix Pedrera) e Deimos Imaging (Laura Abuja); e “cunha ampla sesión de difusión” na que participarán empresas do sector coma Marine Instruments, CartoDB, Situm Technologies, Cartogaliza, e máis o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), entre outras moitas. Pódese atopar máis información e mesmo recursos para inscribirnos premendo na ligazón web do devandito mestrado de Xeoinformática organizado pola UDC e máis pola Uvigo.
Por certo que outro dos obxectivos do evento é, en palabras dos seus convocantes, “abrir o sector xeoespacial ao público en xeral, difundindo a ampla variedade de eidos de coñecemento das que consta: desde desenvolvemento de satélites e sensores para a adquisición de imaxes, pasando pola adquisición de datos xeométricos xeorreferenciados desde UAV, láser escáner terrestres, cámaras, GNSS, ata o tratamento e a xestión destes datos especiais en bases de datos, sistemas de información espacial e aplicacións web e móbiles”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?