Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Educación e o CPEIG volven xuntar forzas para achegar recursos e ferramentas tecnolóxicas á comunidade educativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Educación e o CPEIG volven xuntar forzas para achegar recursos e ferramentas tecnolóxicas á comunidade educativa

Redacción
Publicado: 14/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

30260424_cpeig_01.jpgA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia (CPEIG) ratifican un ano máis o seu acordo de colaboración no ámbito educativo a través da sexta edición do Navega con Rumbo e da segunda edición da Programación nas Escolas, dúas iniciativas que teñen como finalidade principal o desenvolvemento das competencias dixitais dos alumnado e a súa plena integración na nova contorna dixital. O acordo concretouse esta mañá coa súa sinatura por parte do conselleiro Román Rodríguez e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez.
Tanto o Navega con rumbo como Programación nas escolas son actividades dirixidas ao conxunto da comunidade escolar dos centros Abalar, é dicir, aqueles centros que contan con aulas dixitais e que a día de hoxe xa abrangue a uns 120.000 alumnos de 900 centros públicos.

Contidos
  • Navega con Rumbo
  • Programación nas Escolas

Navega con Rumbo

O programa Navega con Rumbo, que xa vai pola súa sexta edición, abrangue tanto ao alumnado como aos docentes e ás familias. É dicir, por unha banda está encamiñado directamente aos escolares para guialos cara unha navegación segura, responsable e útil en internet e, deste xeito, previr que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso; e doutra banda, tamén fai partícipes aos pais, nais e profesores das recomendacións precisas e que, á súa vez, actúen como correa de transmisión.
Para tal fin, o Colexio de Enxeñeiros encargarase de realizar xornadas divulgativas nos centros escolares Abalar de toda Galicia que neste curso chegará a uns 181 centros de toda Galicia. Desde que se iniciou o programa no curso 10-11, o programa xa se impartiu en 450 colexios e institutos, e nas actividades realizadas ao seu abeiro participaron arredor de 65.000 persoas, na súa maior parte alumnado. Ademais, o programa está apoiado polas Guías de Boas Prácticas elaboradas polo CPEIG e dispoñibles vía web.

Programación nas Escolas

A outra das iniciativas, Programación nas escolas, renóvase por segundo ano consecutivo tras poñerse en marcha no curso pasado como unha acción pioneira para iniciar aos escolares na linguaxe da programación informática. Uns dez centros escolares de Primaria (que se suman aos outros dez da primeira edición) beneficiaranse neste curso desta iniciativa na os rapaces e rapazas aprenden a programar dun xeito lúdico e proactivo. Para elo, ofrécenselle as ferramentas axeitadas para que comprendan que é un ordenador, como funciona, e como eles mesmos poden crear sinxelas aplicacións interactivas como videoxogos ou animacións, entre outros.
Cómpre lembrar que a materia de Programación (que se oferta por primeira vez neste curso) está sendo cursada por 1.785 alumnos de 50 centros de Secundaria de toda Galicia, o que da idea da importante demanda que ten este eido entre os rapaces e rapazas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?