A plataforma de mensaxería instantánea Telegram, considerado por moitos como o grande rival de WhatsApp (pese a ter un volume de usuarios moi inferior ao doutras plataformas como Facebook Messenger, WeChat, LINE, Hangouts ou mesmo Skype) experimenta problemas de conectividade dende o contorno das doce da madrugada en boa parte de Europa (e outros países), e medio día despois os problemas aínda non están solucionados, o que creou un grande malestar entre os usuarios.
Ás 11:49 horas deuse por pechada a incidencia en Europa (aínda que algúns usuarios poden tardar horas en recuperar a conexión por mor dos problemas que xurdiron durante a longa caída), e queda agora por arranxar o problema en países de Oriente Próximo e norte de África.
Esta incidencia estaría na liña da padecida por WhatsApp hai un par de anos, que tamén arrastrara a Telegram, pero había tempo que servizos deste tipo non tiñan un fallo tan longo (aínda que desta volta non afectou á totalidade de usuarios), o que leva unha vez máis a reflexionar sobre se os servizos de comunicación que empregamos no nos día a día teñen unha arquitectura atinada, xa que demostran ser moi vulnerables, o que podería ter serias repercusións dado o nivel de dependencia que temos destas tecnoloxías.
Telegram padece unha caída en Europa de preto de 12 horas
Compartir Este Artigo
