Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Technium Lan Party 2016 prevé acoller 330 seareiros do mundo virtual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Technium Lan Party 2016 prevé acoller 330 seareiros do mundo virtual

Redacción
Publicado: 15/04/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_technium_party.jpgOnte botaba a andar a cuarta edición da Technium Lan Party 2016, unha cita que se estenderá ata o domingo 17 de abril e que servirá para reunir no Pavillón de Deportes do Campus de Ourense a arredor de 330 seareir@s da informática. Os que asistan á Technium Lan Party gozarán de tempo e largo de banda abondos para xogar en rede, intercambiar arquivos e coñecementos e para desenvolver un amplo programa de actividades. “Esta será a cuarta edición da Technium Lan Party. Despois de tres anos, a súa organización, aínda que é complexa, xa está moi rodada polo que agardamos que de novo sexa un éxito”, explica Edgar Ruíz, en representación dos estudantes organizadores, a Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñaría Informática (ASEII).
O número de postos habilitados nesta ocasión, apunta, son os que pode asumir o recinto, e esgotáronse como en anos anteriores. Cunha idade maioritaria situada entre os 18 e os 25 anos, sinala, o público que acode a esta cita é maioritariamente galego, aínda que vén xente de cidades como Cádiz ou Alacante. “O que xa temos é un público fiel que acode edición tras edición e iso é moi satisfactorio para nós porque significa que lles gusta a Technium e repiten”, subliña Edgar Ruíz.
uvigo_party_technium_cableado.jpgA xuntanza, que conta coa colaboración da Escola Superior de Enxeñaría Informática e da Vicerreitoría do Campus de Ourense, permite aos inscritos facer un uso continuado das súas instalacións, podendo ficar a durmir no Pavillón e podendo conectarse as 24 horas. Indo ao miolo das actividades, haberá torneos de League of Legends e Counter-Strike: Global Offensive, dous dos xogos máis seguidos no eido internacional, e de FIFA 2016, Super Smash Bros. Wii U e Hearthstone.
En canto a concursos, haberaos de lanzamento de CD, de programación e de creación de pezas de hama beads. Asemade, levarase a cabo unha charla de comunicación por radio que lles permitirá ás persoas interesadas achegarse ao mundo da radioafección.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?