Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Universidade recunca coa formación en mercadotecnia de Google e IAB Spain
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Universidade recunca coa formación en mercadotecnia de Google e IAB Spain

Redacción
Publicado: 15/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_escola_enxeneiros_telecomunicacion.jpgA Universidade de Vigo vai acoller unha nova edición dunha actividade referencial de Google: o seu Curso Básico de Marketing Dixital, inserido no programa Actívate do buscador, unha iniciativa introducida en 2014 co apoio do Ministerio de Industria, Red.es, a Escola Oficial de Idiomas e a asociación IAB Spain. Con Actívate, o xigante da tecnoloxía pretende dar aos participantes unha posibilidade gratuíta de formación a través de cursos en liña e presenciais, celebrados en diferentes institucións educativas do país. Dous anos despois, máis de 100.000 persoas xa se beneficiaron do programa.
Dende a Universidade de Vigo sinalan que está prevista unha asistencia de arredor de 200 participantes. A actividade, dirixida principalmente á xuventude desempregada con titulación universitaria, impartirase entre os vindeiros 25 e 29 de abril, de 8.30 a 18 horas no salón de actos da Escola de Enxeñaría da Telecomunicación. As persoas interesadas poden inscribirse ata esgotar as prazas dispoñibles a través da web da plataforma Actívate.
No curso, de carácter intensivo e 40 horas de duración, os asistentes aprenderán os coñecementos e ferramentas básicas requiridas na contorna dixital, con contidos sobre fundamentos de tecnoloxía que o alumnado, sinalan os organizadores, “non poderá eludir na súa formación”. Entre eles atópanse o SEO e o SEM: o posicionamento dunha páxina web entre os resultados dun buscador, a analítica web, a medición e interpretación dos datos que achega a rede. Ademais, coñecerán algunhas nocións de comercio electrónico, aproveitamento das redes sociais, dispositivos móbiles, emprendemento e busca de emprego no sector dixital.
Os participantes tamén recibirán a visita de emprendedores e emprendedoras que tiveron a clave do seu éxito na estratexia de comunicación dixital, e que achegarán a súa experiencia para servirlles de fonte de inspiración.
Segundo informa a UVigo, o Curso Básico en Marketing Dixital tan só é “unha pequena parte do catálogo que Actívate ten previsto desenvolver durante este ano, con diferentes actividades relacionadas co ámbito dos medios dixitais”. O programa volverá ao campus galego o vindeiro 23 de maio cunha actividade formativa en emprendemento, na que se ensinarán os primeiros pasos para crear unha empresa, en equipo e a través da acción.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?