Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abanca estrea en Vigo a súa oficina empresarial “de última xeración”
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abanca estrea en Vigo a súa oficina empresarial “de última xeración”

Redacción
Publicado: 15/04/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

abanca_presentacion_vigo.jpgAbanca presentou onte a súa nova oficina de empresas en Vigo, en si mesma unha materialización do modelo “ideal” de oficina innovadora que ten a entidade galega para os anos vindeiros. O obxectivo das novas dependencias, segundo se fixo saber, é mellorar ao máximo a atención aos clientes do ámbito corporativo, achegando “unha meirande especialización e elementos tecnolóxicos de última xeración”. A oficina, emprazada no baixo da sede institucional do banco en Vigo, conta cun equipo de trece profesionais. Abrangue máis de 300 metros cadrados e amosa unha disposición sen barreiras artellada en catro eixes: distribución, xestión comercial especializada, asesoramento e back office. A atención ao cliente concéntrase na zona de asesoramento, con catro salas de reunións. Segundo informou Abanca, o novo espazo “está dotado co equipamento e funcionalidades tecnolóxicas máis innovadoras do mercado, que facilitan a mobilidade dos xestores e reducen tempos de espera e procesos”.
Desta maneira, nas dependencias inauguradas todos os axentes-profesionais contan con tabletas Microsoft Surface, dispositivos de traballo con funcionalidade de PC que permiten, en palabras de Abanca, “atender ao cliente en calquera lugar, mesmo na súa propia empresa”. Segundo fixo saber a entidade financeira na presentación, a oficina de empresas de Vigo é a primeira de Abanca adaptada ao novo modelo de oficina que procura a compañía para os anos vindeiros: un espazo moi envorcado coas TIC e acaído para asegurar a calidade do servizo ao cliente “a través de solucións tecnolóxicas de última xeración, amplos espazos abertos (non hai mostradores nin despachos) e zonas diferenciadas en función do servizo que se preste ao cliente”.
abanca_presentacion.jpgAdemais, o novo artellamento das oficinas da entidade financeira galega obedece “a un modelo de relación co cliente máis funcional, próximo, innovador, eficiente e sustentable”, fixeron saber os responsables de Abanca no acto de inauguración oficial, no que participaron, por certo, máis de 200 empresarios de Vigo e contorna, acompañados polos principais directivos de Abanca e distintos cargos da área de empresas da entidade. Durante a sesión, o vicepresidente da entidade, Juan Carlos Escotet, salientou que “as empresas son un segmento de negocio prioritario e ímoslles dar un impulso durante este ano”. E engadiu: “Queremos seguir sendo o principal aliado do tecido empresarial galego apoiándoo, principalmente a través do financiamento, tanto no seu día a día coma nos seus proxectos de crecemento e expansión internacional”.
Pola súa banda, o conselleiro delegado, Francisco Botas, anunciou que “o plan de impulso á empresa que deseñou a entidade para 2016 abrangue crecementos de dous díxitos tanto en financiamento de circulante coma en préstamos a longo prazo para apoiar novos proxectos de investimento”. Segundo fixo saber, “para desenvolver este plan contamos con dous elementos diferenciais no mercado: a nosa especialización e coñecemento do tecido empresarial galego e a capilaridade da nosa rede de oficinas, a maior de Galicia”. Respecto do plan de negocio de Abanca, engadiron que abrangue un obxectivo de concesión de 11.000 millóns de euros en novo crédito para a empresa durante os vindeiros tres anos. Ademais, fixeron saber que a entidade financeira financia ao 61% das PEME e empresas galegas con débeda bancaria, “e suma 12.900 millóns de euros na súa carteira de investimento empresarial”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?