A compañía de seguridade informática Trend Micro fai un chamamento dende o seu blog oficial a desinstalar urxentemente a o reprodutor multimedia QuickTime dos ordenadores con Windows, xa que Apple vén de abandonar o seu soporte, de xeito que non recibirá actualizacións, o que supón un alto risco de exposición a futuras ameazas informáticas, aínda que non será preciso agardar moito para que estean dispoñibles, porque veñen de dar conta de dúas vulnerabilidades críticas na aplicación que foron notificadas no seu momento a Apple e que non se corrixiron a tempo, polo que podemos considerar que todos os usuarios de Windows que usen actualmente QuickTime no seu ordenador teñen un serio problema de seguridade.
A versión para OS X de QuickTime si conta con actualizacións por parte de Apple, polo que non corre ningún risco especial, sendo só a versión para Windows a que vén de deixarse abandonada á súa sorte.
Instan á desinstalación de QuickTime para Windows por problemas de seguridade
Compartir Este Artigo
