Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preto dun cento de concellos formalizan a súa adhesión á rede dixital de emerxencias da Xunta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preto dun cento de concellos formalizan a súa adhesión á rede dixital de emerxencias da Xunta

Redacción
Publicado: 15/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20160415_emerxencias_01.jpgO vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora da AMTEGA, Mar Pereira, fixeron entrega hoxe na Estrada de 239 terminais da Rede Dixital de Emerxencias de Galicia (RESGAL) a case un cento de concellos galegos no marco dunha xornada formativa sobre a rede corporativa de comunicacións móbiles dixitais de emerxencias e seguridade de Galicia, que se celebra na AGASP e contan con máis de 300 participantes, entre servizos de emerxencias municipais e supramunicipais.
O vicepresidente destacou que esta entrega de terminais de comunicacións súmase outros 225 entregados hai un mes ao Concello de Vigo. Deste xeito, formalízase a adhesión de 95 concellos a RESGAL, o que suporá un auténtico salto cualitativo no nivel de comunicacións do sistema de emerxencias galego, que vai mellorar en coordinación e eficacia.
RESGAL integra, por primeira vez, nun mesmo sistema a todos os colectivos que participan na resolución das emerxencias. Unha rede única para facilitar unha intervención máis efectiva e eficaz dos efectivos implicados e simplificar as tarefas de coordinación entre eles.
Precisamente, Rueda explicou que na nova rede se están a integrar de xeito progresivo todos os efectivos de emerxencias de Galicia, desde bombeiros a policías, pasando por voluntarios de protección civil, os profesionais do 061 e polos axentes que loitan contra os incendios forestais.
Esta dotación de material non é un feito illado, senón que responde ao interese da Xunta nos últimos anos por redobrar o seu investimento en medios materiais para contar cunha Galicia mellor preparada fronte ás emerxencias e, polo tanto, máis segura para a cidadanía.
20160415_emerxencias_02.jpgA directora da AMTEGA, Mar Pereira, destacou que RESGAL emprega tecnoloxía TETRA, a máis punteira para este tipo de comunicacións, que garante a súa dispoñibilidade cando o resto de redes de telefonía móbil se colapsa, posibilita a xeolocalización en tempo real a posición de todos os dispositivos de emerxencia, os envíos de SMS a persoas ou grupos, a consulta de bases de datos ou a gravación de conversas e o cifrado das comunicacións, garantindo a súa confidencialidade. Pereira destacou que a Administración autonómica adquiriu xa máis de 5.316 terminais dos que 3.314 están operativos.
A nova rede dixital está xa operativa en todo o territorio cunha cobertura do 84 por cento do territorio e o 94 por cento da poboación, de xeito que, garantirá un alto grao de cobertura nas principais zonas urbanas nas principais vías de comunicación, portos, aeroportos e zonas industriais de especial risco e zonas rurais.
Ademais, conta cunha estación base transportable, que poderá ser empregada para un despregamento rápido de cobertura nunha zona de sombra ou aumentar a capacidade ante un evento que xere un incremento exponencial das comunicacións dos servizos de emerxencia e seguridade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?