Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro Demostrador TIC estrea portal e aplicación con posibilidade de streaming
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro Demostrador TIC estrea portal e aplicación con posibilidade de streaming

Redacción
Publicado: 18/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cdtic_web_captura.jpgO Centro Demostrador TIC, un dos principais lugares de encontro dos nosos profesionais do sector (presentando novos produtos e servizos profesionais), vén de estrear novo portal e máis unha aplicación móbil de seu. Segundo informa a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), responsable do CDTIC, o novo espazo en liña (cdtic.xunta.gal) diríxese a fortalecer ao máximo o carácter de visualizador de tecnoloxías do CDTIC, poñendo en xogo, a disposición de empresas e profesionais, un recurso máis intuitivo e accesible e espazos específicos para (precisamente) empresas e profesionais.
Polo que se refire aos retos cos que se enfronta a aplicación, sinalar que o seu obxectivo (en boa medido compartido co portal) é “permitir aos usuarios do centro consultar a axenda de actividades, incorporalas ao seu calendario persoal, inscribirse nelas e compartir contidos a través das redes sociais”. Por outra banda, incorpora a posibilidade de achegar en streaming, nos dispositivos móbiles das persoas usuarias, as diferentes actividades celebradas no CDTIC. E, tamén, estenderá a marxe de interacción entre os asistentes e relatores durante o desenvolvemento dos seminarios e obradoiros, reforzando a vertente de intercambio de informacións e opinións en tempo real.
cdtic_captura_mobil_app.jpgA aplicación xa está dispoñible na Play Store de Android e na Apple Store buscando o epígrafe “CDTIC”.
Volvendo ao portal, AMTEGA salienta (entre outras moitas cousas) o seu novo deseño, “máis visual e interactivo”, e tamén os esforzos aplicados para acadar a máxima optimización en materia de “usabilidade” nos distintos dispositivos e formatos de pantalla. O novo portal, engade a axencia, fai primar o contido audiovisual do Centro Demostrador, con novas seccións como En diferido (onde poderanse ver de novo os seminarios celebrados no CDTIC), ou Experiencias TIC (a través do cal, directivos ou xerentes de empresas compartirán a súa experiencia no uso tecnoloxía). Como dixemos, os contidos e servizos figuran artellados en base ao colectivo ao que se encamiñan: profesionais e empresas ou empresas TIC, “facilitando deste xeito un acceso rápido e personalizado aos mesmos”.
No Espazo Privado para Profesionais e Empresas, os usuarios do Centro poderán inscribirse nas vindeiras actividades do centro, levar un histórico dos seminarios e presentacións nas que teña participado, descargar a documentación e material divulgativo ou, tamén, probar e analizar aplicacións empresariais libres na nube a través do CDTIC Virtual.
Pola súa banda, no Espazo Privado para o Empresas TIC, os provedores tecnolóxicos estarán en disposición de xestionar a información da súa empresa no MapaTIC.gal; facer unha reserva para presentar as súas solucións tecnolóxicas no CDTIC; seguir as inscricións nas súas actividades ou mesmo obter un informe personalizado no que se recolle o perfil dos asistentes e unha valoración dos seus produtos e servizos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?