Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG e a FIC organizan un curso para formadores en Scratch
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG e a FIC organizan un curso para formadores en Scratch

Redacción
Publicado: 18/04/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

traballando_con_scratch-2.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) e a FIC van organizar os días vindeiros un obradoiro avanzado para formadores en técnicas e recursos para “construírmos” a Sociedade da Información. Máis polo miúdo, trátase dun curso para formadores na ferramenta Scratch, un recurso informático moi acaído para a introdución das novas xeracións nos conceptos básicos de como construír e desenvolver programas. A devandita actividade formativa ten a súa orixe, segundo apunta ao CPETIG, na arela do colexio por “difundir os valores da programación informática entre os nenos, os seus pais e os seus formadores”. Desta arela xurdiron nos dous últimos anos, da man do CPETIG, obradoiros e actos diversos relacionados con Scratch, por exemplo o Scratch Day celebrado en outubro de 2015.
Agora, a idea é organizar aínda máis cursos e eventos e, para isto, “é preciso contar cun meirande número de formadores especializados en Scratch”, sinala a entidade profesional que preside Marcos Mata. Este é, polo tanto, o obxectivo do devandito curso, impulsado polo CPETIG en colaboración coa Facultade de Informática da Universidade da Coruña (FIC). A actividade vai dirixida a colexiadas/os do CPETIG e CPEIG, ao profesorado e alumnado da FIC e ao profesorado non universitario “co fin de dotalos dos coñecementos e ferramentas necesarias para que poidan actuar como formadores en eventos relacionados con Scratch”.
cartel_curso_scratch-2.jpgO curso (froito do convenio asinado entre o Colexio e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA) terá lugar o vindeiro venres día 22 na FIC en horario de 15.00 a 19.00 horas. A inscrición é de balde. Toda a información e inscrición na web do CPETIG. Esta sesión formativa contará coa participación da asociación Programamos. O obxectivo fundamental desta asociación é promover o desenvolvemento do pensamento computacional dende idades temperás a través da programación de videoxogos e aplicacións para móbiles en todas as etapas escolares, dende educación infantil ata formación profesional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?