Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os institutos lucenses participaron vía TIC no quinto Concurso Lucus Intercentros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os institutos lucenses participaron vía TIC no quinto Concurso Lucus Intercentros

Redacción
Publicado: 18/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lucus_intercentros-2_2_.jpgO venres pasado realizouse a transmisión en directo, por streaming, do quinto Concurso Lucus Intercentros. A retransmisión, que foi seguida por máis de medio cento de persoas (dos sete institutos da cidade de Lugo), foi posible grazas aos bolseiros e técnicos da Fundación TIC (Deputación Provincial), dende o IES Muralla Romana. O IES Virxe dos Ollos Grandes gañou o certame. Nel participaron alumnos de primeiro curso de Bacharelato dos sete institutos públicos da capital. O obxectivo de Lucus Intercentros é favorecer a interrelación alumnado-profesorado dos centros de ensino de Lugo e facelo a través das plataformas tecnolóxicas.
Os seguintes clasificados foron o IES Xoán Montes, no segundo posto; IES Lucus Augusti, no terceiro e IES Leiras Pulpeiro, no cuarto. Anxes Fole, Muralla Romana e San Xillao recibiron cadanseu accésit. Na entrega de premios participou o deputado de Innovación e TIC, Pablo Rivera.
A xeito de agasallo, os tres primeiros equipos recibiron unha tableta para cada un dos membros; o cuarto uns altofalantes, e os accésit unha batería portátil. O equipo de bolseiros e técnicos da TIC empregou catro cámaras para a retransmisión en streaming, difundida nas páxinas web da TIC e do IES Muralla Romana.
lucus_intercentros-2_1_.jpgO concurso, de formato dixital, desenvolveuse ao longo da mañá en fases eliminatorias. Os sete equipos, formados por tres alumnos, recibiron e deron resposta ás preguntas de cultura xeral tipo test, a través de computadores.
Con esta iniciativa, os alumnos do ciclo de Administración e Xestión do IES Muralla Romana, coa achega do departamento de Informática, poñen en práctica o currículo de asistencia á dirección na organización de eventos e actos públicos
A Fundación TIC colabora co IES Muralla Romana na difusión do Lucus Intercentros, dende a súa primeira edición, no ano 2012. A achega é froito do convenio que ambas entidades manteñen para completar a formación práctica dos alumnos da EIS, e promover as ensinanzas que imparte o instituto lucense.
A Deputación de Lugo informou tamén que os estudantes do IES editarán un DVD coas imaxes gravadas durante o streaming, que se entregará aos centros educativos da capital co fin de divulgar o certame educativo. No certame, amais da TIC, colaboraron a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, e o CIFP Politécnico de Lugo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?