Para facilitar o acceso á nosa edición impresa dende dispositivos móbiles hai un par de anos, aproveitando a celebración do Día das Letras Galegas, estreamos unha aplicación universal integrada no Quiosco de iOS, o que resultaba especialmente práctico para ler a nosa publicación no iPad, pero nos últimos meses Apple decidiu eliminar o seu Quiosco para iOS, optando pola creación dunha aplicación de novas que non está dispoñible fóra dos EE.UU., coa consecuencia perda de visibilidade de numerosas publicacións en iOS.
En vista desta situación decidimos apostar por un quiosco dixital multiplataforma, Magzter, que está dispoñible de balde para iOS, Android e vía web, e onde hoxe estreamos a nosa edición impresa, de xeito que os usuarios de dispositivos móbiles teñen agora unha nova plataforma dende a que acceder aos nosos contidos dun xeito cómodo e atractivo, que aparte do acceso á nova revista incluso fóra de liña tamén incorpora elementos interactivos (como o feito de poder acceder aos tráilers dos videoxogos dos que falamos na nosa publicación).
Incorporamos a nosa edición impresa ao quiosco dixital Magzter
Compartir Este Artigo
