A blogueira coruñesa Iria Lata Rey vai participar no Concurso Internacional de Influencers en lingua castelá que convoca a plataforma española MarvelCrowd. O certame, que se desenvolve baixo o etiqueta #RetoMarvelCrowd, arrinca o vindeiro luns 25 de abril. Iria Lata, comunicadora web centrada no ámbito da moda e das tendencias, aspira xunto con outros 14 participantes (procedentes de España, México, Colombia e EEUU) a ser a internauta “máis influente” de fala hispana nalgunha das 5 categorías do certame organizado por MarvelCrowd, que lembra que hai unha categoría adicional de libre participación para permitir a todos os internautas “medirse co resto de participantes e sacar o influencer que levan dentro”.
Esta iniciativa xorde co obxectivo de pór a proba (ao longo de cinco semanas, do 25 de abril ao 29 de maio) a 15 bloggers, instagramers e youtubers con capacidade de deixar pegada nas redes e “crear comunidade”. Serán cinco categorías: Fashion, Foodie, Sport, Mami e Igers. Para iso MarvelCrowd organizou varios retos para sacar aos participantes “da súa zona de confort e probar as súas habilidades noutra especialidade que non é a súa”.
Como dixemos, entre os seleccionados para participar neste primeiro concurso internacional de figuras representativas das redes sociais está a blogueira de moda Iria Lata, da bitácora Myblueberrynights, única participante da provincia.
A blogueira galega Iria Lata, no Concurso Internacional de Influencers
Compartir Este Artigo

