Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Comisión Europea acusa a Google de abuso de posición dominante en Android
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Comisión Europea acusa a Google de abuso de posición dominante en Android

Redacción
Publicado: 20/04/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

margrethe_vestager_p031470000101-354471.jpgA Comisión Europea iniciou o ano pasado unha investigación formal contra Google en relación ás súas posibles prácticas abusivas relativas a Android, e esta mañá a comisaria responsable da Política de Competencia, Margrethe Vestager, confirmou que consideran de xeito preliminar que Google aplicou unha estratexia en relación cos dispositivos móbiles para manter e reforzar a súa posición dominante na procura xeral na Internet, remitindo as súas obxeccións a Google.
En primeiro lugar, as prácticas supoñen que o buscador de Google sexa preinstalado e seleccionado como servizo de busca web predeterminado ou exclusivo na maioría dos dispositivos Android vendidos en Europa. En segundo lugar, as prácticas parecen bloquear o acceso ao mercado dos motores de busca competidores mediante navegadores móbiles e sistemas operativos competidores. Ademais, tamén parecen prexudicar aos consumidores ao suprimir a competencia e restrinxir a innovación no espazo móbil máis en xeral.
margrethe_vestager_p031470000501-249925.jpgVestager declarou que «cremos que a conduta de Google priva aos consumidores de ter maiores opcións nas aplicacións e servizos para móbiles e obstaculiza a innovación doutros interesados, infrinxindo as normas antimonopolio da Unión Europea. Estas normas aplícanse a todas as empresas activas en Europa. Google ten agora a oportunidade de responder as dúbidas expostas pola Comisión».
A Comisión considera que Google ten unha posición dominante nos mercados de servizos de procura xeral na Internet, sistemas operativos con licenza para smartphones e tendas de aplicacións para o sistema operativo móbil Android. Google posúe polo xeral unha cota de mercado superior ao 90 % en cada un deses mercados no Espazo Económico Europeo (EEE).

Contidos
  • As reticencias da Comisión Europea
  • A resposta de Google

As reticencias da Comisión Europea

No prego de cargos de hoxe, a Comisión alega que Google infrinxiu as normas antimonopolio da Unión:
– ao esixir aos fabricantes que preinstalen o buscador de Google e o navegador Chrome e obrigarlles a que seleccionen nos seus dispositivos o buscador de Google de xeito predeterminado para as buscas como condición para concederlles licenzas de determinadas aplicacións exclusivas de Google;
– ao impedir que os fabricantes vendan dispositivos móbiles que funcionen con sistemas operativos competidores baseados no código fonte aberto Android;
– ao conceder incentivos financeiros aos fabricantes e operadores de redes móbiles coa condición de que preinstalen exclusivamente o buscador de Google nos seus dispositivos.
A Comisión considera que estas prácticas comerciais poden conducir a unha maior consolidación da posición dominante do buscador de Google nos servizos de busca xeral na Internet. Á Comisión tamén lle preocupa que estas prácticas afecten á capacidade dos navegadores para móbiles rivais para competir con Google Chrome e que obstaculicen o desenvolvemento de sistemas operativos baseados no código fonte aberto Android e as oportunidades que ofrecerían para o desenvolvemento de novas aplicacións e servizos.
A Comisión considera, de xeito preliminar, que esta conduta prexudica en última instancia aos consumidores, xa que non se lles ofrece toda a capacidade de elección posible e impide a innovación.

A resposta de Google

Pola súa conta, Google
responde ás acusacións da Comisión Europea
asegurando que Android é un
desenvolvemento aberto apoiado por numerosos socios a nivel de hardware, salientando
que o modelo que empregan con Android facilita unha grande flexibilidade para
os consumidores mantendo un coste moi reducido para os fabricantes.
Dende Google argumentan que os acordos cos seus socios son totalmente
voluntarios (calquera pode empregar Android sen Google, podendo incluso
modificar o sistema operativo como, por exemplo, fai Amazon), salientan que os
fabricantes que inclúen nos seus móbiles o conxunto de aplicacións de Google
son libres de preinstalar outras aplicacións (de feito, tenden a incluír
aplicacións como a de Facebook ou as dos operadores móbiles), lembran que aínda
que ofrezan Android de balde o seu desenvolvemento é moi custoso (pero compénsano
a través dos servizos e aplicacións que distribúen a través desta plataforma),
e non deixan de comentar o doado que resulta para os usuarios a instalación de
aplicacións nos seus dispositivos, como demostra a popularidade de aplicacións
como WhatsApp, Instagram, Snapchat... que non veñen integradas nos móbiles e
gozan de centos de millóns de descargas.
Consideran así que non están a realizar ningunha práctica contraria á
competencia, e que simplemente teñen un modelo de negocio sustentable baseado
na oferta de Android de balde para conseguir o retorno do seu investimento a
través doutras vías.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?