Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant e AtlantTIC elaboran un prototipo para salvagardar aos pasaxeiros das aeroliñas respectando a súa privacidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant e AtlantTIC elaboran un prototipo para salvagardar aos pasaxeiros das aeroliñas respectando a súa privacidade

Redacción
Publicado: 20/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Os investigadores Pablo Dago e Juan Ramón Troncoso dando conta do seu desenvolvemento
Os investigadores Pablo Dago e Juan Ramón Troncoso dando conta do seu desenvolvemento
O Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia Gradiant e o Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións da Universidade de Vigo (e integrado en AtlantTIC) veñen de desenvolver un prototipo que permitirá ás aeroliñas achegar á policía ou ás administracións unha listaxe de pasaxeiros cifrada, para que comproben se un ou varios sospeitosos de terrorismo figuran na mesma, sen ter acceso total á información persoal do resto da pasaxe garantindo deste xeito o dereito á privacidade e a liberdade de movementos dentro da Unión Europea. “Só no caso de que exista unha coincidencia entre as dúas listaxes as forzas de seguridade europeas ou nacionais poderían solicitar información adicional, que lles permitiría chegar ata o nome das persoas sospeitosas incluídas na pasaxe, de xeito case instantáneo”, explica Pablo Dago, enxeñeiro experto en seguridade e privacidade de Gradiant.
Indo ao enxeño en cuestión, cómpre dicir que xa se atopa pronto para o seu uso, é escalable, funciona en tempo real, co que os tempos de espera son inexistentes e amais permite procesar calquera tipo de dato que soliciten as autoridades e que as liñas aéreas inclúan nas súas listaxes. Control de pasaxeiros ao marxe, este sistema tamén podería ter outras aplicacións, como que dúas empresas comproben se teñen un cliente común sen desvelar as súas respectivas carteiras ou para protexerse de posibles fraudes.
Emporiso, o cifrado das listaxes que manexan as compañías aéreas e os estados membros sería diferente e renovada en cada voo, o que contribuiría aínda máis á seguridade de todo o sistema. “Trátase dunha comparación a cegas dos datos que se intercambian” explica Pablo Dago, “polo que nin sequera precisa a confianza mutua no bo uso do sistema, que habitualmente é o isto máis feble dentro dunha cadea de seguridade”. O investigador de Gradiant sinala que ao final só a aeroliña saberá que na súa listaxe de pasaxeiros hai un sospeitoso, e a policía, que sospeitoso é, en concreto. “Se non existen coincidencias, entón non haberá información que saia do sistema, só se intercambiarán unha serie de bits sen significado aparente, o que tamén protexe o sistema de posibles ataques de piratas informáticos”, sinala Dago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?