O servizo de mensaxería de Facebook converteuse nos últimos meses nunha das solucións de voz sobre IP máis populares a nivel mundial, e hoxe inician o espallamento dunha nova funcionalidade que de seguro que vai ter boa aceptación: a posibilidade de realizar conversas de voz en grupo.
Deste xeito, durante a participación nunha conversa de grupo, calquera dos participantes pode premer na icona do teléfono para iniciar unha chamada de voz en grupo á que poden sumarse os integrantes da conversa que o desexen ata un máximo de 50 persoas.
Esta funcionalidade precisa da última versión do Messenger de Facebook para dispositivos móbiles e a meirande parte dos usuarios recibiron o pertinente aviso de activación nas últimas horas, aínda que algún usuario pode demorar ata 24 horas en recibir a notificación dentro da aplicación de mensaxería.
Messenger ábrese ás conversas de voz en grupo
Compartir Este Artigo
