Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O niño da Tecnópole recibe novos inquilinos e salienta o labor das saíntes MeigaLabs e IbeeAgro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O niño da Tecnópole recibe novos inquilinos e salienta o labor das saíntes MeigaLabs e IbeeAgro

Redacción
Publicado: 20/04/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_tecnopole_incuvi_emprende_premios_2016.jpgOnte presentáronse na Tecnópole as iniciativas gañadoras da edición 2016 dos Premios INCUVI-Emprende e INCUVI-Avanza: máis polo miúdo as gañadoras do Campus de Ourense (Universidade de Vigo). Trátase de catro iniciativas procedentes, sobre todo, dos ámbitos TIC, da dinamización cultural e da innovación posta ao servizo agricultura. As catro propostas premiadas son unha aplicación social enfocada ao sector servizos (Eixovisión-Proxecto Barbook); unha cooperativa de programas e actividades de lecer e tempo libre saudable e en galego (Cooperativa de Iniciativa Social Brigantia); unha empresa de comercialización de produtos do campo galegos de calidade (A Orixe), e unha proposta de ecoagricultura, de creación de alternativas ao uso masivo de fertilizantes inorgánicos (Enviroverde). Dende este mes ocupan o seu niño na Tecnópole.
Lembrar que estes acubillos estaban ocupados, ata o de agora, polos proxectos gañadores da última edición: MeigaLabs, enfocado ao deseño e desenvolvemento de videoxogos, e IbeeAgro, de tecnoloxía de seguimento agrícola. Estas novas firmas, ao abeiro da primeira edición dos premios, trasládanse agora ao Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) para “rematar o seu proceso de maduración empresarial” e saír xa ao mercado.
Como dixemos, a presentación dos proxectos ourensáns que resultaron gañadores nas dúas categorías de premios celebrouse este martes na Tecnópole. O acto contou coa participación dos representantes das entidades promotoras e colaboradoras nestes galardóns. Deste xeito, ademais de Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo; Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; e Ricardo Capilla, director de Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, estiveron Juan Carlos Parada, presidente da Cámara de Comercio de Ourense; Jaime Pereira, secretario xeral da Confederación Empresarial de Ourense; Xosé Antón Vila, director do CITI; Ana Méndez, vicepresidenta da Asociación de Xóvenes Empresarios de Ourense; Emma González, directora adxunta e secretaria da Fundación Expourense, e os promotores dos proxectos seleccionados e premiados.

MeigaLabs recibindo o seu diploma da man dos organizadores do certame
MeigaLabs recibindo o seu diploma da man dos organizadores do certame
Ademais, os gañadores dos primeiros Premios INCUVI-Avanza recolleron os seus diplomas. O proxecto Meigalabs, de José Antonio Tesouro, Xabier Losada e Javier López, estase consolidando como estudo de desenvolvemento especializado en servizos de gamificación, apps e videoxogos para plataformas móbiles, acadando, segundo fixeron saber, máis de 500.000 descargas en todo o mundo do seu videoxogo Corrupt Mayor Clicker. Pola súa banda, iBeeTel Solutions, centrada en servizos de enxeñaría software e hardware, está a ultimar o seu proxecto iBeeAgro, un Sistema de Supervisión e Xestión Integral Agrícola que optimiza a produción e asegura aos produtores a calidade e a eficiencia de recursos.
Os proxectos galardoados na quinta edición do certame, que se incorporan agora á Preincubadora Tecnópole-Universidade de Vigo, son Eixovisión; Cooperativa de Iniciativa Social Brigantia; A Orixe e Enviroverde. Eixovisión-Proxecto Barbook é unha aplicación social enfocada ao sector servizos. Con ela Alberto J. Chousal, Alejandro Montero e Redouane Mehdi queren facerse un oco no mundo das aplicacións web que potencian a interacción entre persoas. Cara a este tipo de contacto favorecido polo tecnolóxico-dixital pero a través “dunha metodoloxía moi diferente e cuns obxectivos específicos” diríxese a Cooperativa de Iniciativa Social Brigantia, de Rita Carreira, Lucía González, Belén Martínez e Carla L. Mendes. Mediante a fórmula cooperativista, estas emprendedoras do eido social e educativo procuran “un espazo onde crear e desenvolver programas e actividades que promovan a igualdade e o respecto polo medio ambiente, avivar un ocio e tempo libre saudable fóra do consumismo e onde promover e fomentar a lingua e a cultura galegas”.
Pola súa banda, Sergio Martínez, Sandra Rodríguez e Rubén Rodríguez son os promotores de A Orixe, un proxecto comercial enfocado ao acondicionamento, envasado, distribución e comercialización de produtos agrarios de calidade diferenciada, de xeito especial do pemento de Arnoia. Pola súa banda, Enviroverde é unha iniciativa de Miguel Pinal Trashorras que se dirixe a procurar a creación de alternativas reais ao uso masivo de fertilizantes inorgánicos, así como aos usos intensivos do solo, “facendo unha consideración do campo non só dende un punto de vista produtivo senón tamén como un todo onde se teña en conta tamén o entorno que o rodea”, fixo saber o seu impulsor.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?