Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica achega a Ecuador chamadas de balde e material tecnolóxico para rescates
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica achega a Ecuador chamadas de balde e material tecnolóxico para rescates

Redacción
Publicado: 20/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ecuador_terremoto.jpgTelefónica vén de habilitar unha campaña de axuda solidaria para a Ecuador, co fin de contribuír á eficacia no rescate e a establecer as mellores comunicacións posibles entre as persoas afectadas polo terremoto do pasado luns. Isto abrangue o envío de 60 teléfonos satelitais e máis un avión con seis expertos que axudarán nos traballos de localización e recuperación das vítimas. Ademais, as filiais da compañía en Venezuela, Guatemala e Ecuador ofrecen dende o mesmo 18 de abril chamadas de balde a quen teña familiares e amigos na contorna.
A operadora de raizame española forneceu xa ao Goberno ecuatoriano con medio cento de teléfonos vía satélite. Outros 9 equipos instaláronse nos PSEM, que son os Puntos de Servizos Emerxentes Móbiles, unidades móbiles que subministran, dende as zonas afectadas, chamadas de balde para todas as persoas que o requiran.
Por outra banda, Movistar Ecuador ofrece aos seus clientes durante todo o mes de abril mil SMS e mil minutos de chamadas ás zonas de Manabí e Esmeraldas, “pondo a tecnoloxía a disposición das familias”, sinala a operadora.
A todo o devandito súmase unha iniciativa artellada a través da Fundación Telefónica (programa Voluntarios) que inclúe o lanzamento dunha plataforma internacional para que todos os empregados e colaboradores do Grupo poidan canalizar as súas doazóns para pór o seu gran de area en todo tipo de accións solidarias en Ecuador. Todo isto a través das páxinas web de Voluntarios Telefónica, a Fundación Telefónica e todas as intranets do grupo.
Segundo engade a compañía acerca dos traballos concretos desenvolvidos ata o día de hoxe, o equipo de Ecuador traballou “intensamente” desde o primeiro momento para restituír o servizo das estacións base caídas polo terremoto, así como en apoiar ao Goberno de Ecuador en transmitir a través de SMS as instrucións de seguridade á cidadanía. En Manabí, a maiores, restableceuse o servizo da fibra óptica e o 53% das estacións base de 2 G e o 30% das de 3G xa están en funcionamento, explica Telefónica, que lembra que os seus técnicos seguen a traballar para “o restablecemento total nas zonas de Guayas e Esmeraldas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?