Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tres ducias de webseries competirán en Carballo Interplay (9 galegas)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Tres ducias de webseries competirán en Carballo Interplay (9 galegas)

Redacción
Publicado: 20/04/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cartaz_carballo_interplay.jpgA terceira edición do Festival de contidos dixitais Carballo Interplay vai ser unha edición salientable tanto dende o cualitativo como dende o punto de vista do cuantitativo. Segundo nos conta a organización, ata 36 webseries de todo o mundo competirán na sección oficial. O certame, como lembraremos, desenvolverase os días 5, 6 e 7 de maio. Repartiranse máis de 5.000 en premios. O comité de selección (media ducia de profesionais do audiovisual e da Rede) elixiu, entre máis de 122 propostas chegadas de todo o mundo, un total de 9 webseries galegas, 15 do resto do Estado e 12 do resto do mundo.
Entre as internacionais hai achegas audiovisuais de Arxentina, Nova Zelandia, EE UU, Canadá, Francia, Alemaña, Reino Unido, Italia e Suíza. 30 delas competirán polo premio á mellor contribución de imaxe real e 6 á de animación, 12 ao premio á mellor webserie internacional e 7 á de versión orixinal en galego.
“O Carballo Interplay deste ano”, sinalan dende o Concello bergantiñán, “ofrece con todos estes contidos unha completa panorámica do que se está a cocer no mundo do audiovisual ligado a Internet a nivel global”. Por temáticas, xéneros e perspectivas, salienta o ton de comedia: 28 das 36 finalistas son comedias. Porén, as temáticas son moi variadas: ciencia ficción, viaxes, aventura, sátira política, etc. Segundo lembra a organización, “tamén haberá oco para o drama, o documental e o thriller”, e máis “un amplo abano de mesturas e de experimentos formais e conceptuais, tan propios do sector máis atrevido e imaxinativo do audiovisual contemporáneo”.
As 36 achegas finalistas proxectaranse en seis bloques -un de versión orixinal en galego, dous internacionais e tres do Estado- nas tardes do xoves 5, do venres 6 e do sábado 7, no Auditorio de Carballo. Cada bloque terá unha duración de entre unha hora e unha hora e cuarto e a entrada, como en todas as actividades do Festival, é libre e de balde ata completar aforo.
As webseries galegas elixidas son: PIB (Produto Interior Bruto), Gafas e Pallaso, Dalle Jas, Chola&Lola, Veciños, Poetarras, Teño unha horta en San Sadurniño, Orfanato Atroz e El método sueco (estas dúas últimas, en castelán). As do resto do Estado son: Briget Jon de Triana, Beto, Rubia en apuros, Dos más dos cinco, La Supercafetera, Viveylate, Waytrippers, Pedro Reyes for president, Niño Ratón, El Colega Canario, El Partido, Crisis Cartoons, Breaking Bed, Black Stuff e Les coses grans. E as do resto do mundo son: Whatever Linda, Mundillo, Instrucciones para humanos, Zozo “The Fugitive Of The Space”, Aventuras de corazón roto, K Rd Stories, Night School. The Web Series, Emmas Welt, El Caso Q, Arthur, The MUTE Series e Status.
As seis persoas encargadas de elixir as gañadoras serán Noel Ceballos, xornalista especializado en cultura popular; Miriam Hernanz, directora do Lab de RTVE.es; Niko Gómez, creador da exitosa webserie Cálico electrónico; Carlota Núñez, unha das youtubers galegas con meirande “comunidade” de seu; Araceli Gonda, en representación da Asociación Galega de Guionistas; e Jorge Coira, en representación da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia. O resultado da súa deliberación coñecerase na gala de clausura, conducida por Yolanda Muíños, o sábado 7 ás 20h, no Auditorio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?