Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A plataforma galega Blogdechollos deixa atrás a liña do millón de visitas mensuais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A plataforma galega Blogdechollos deixa atrás a liña do millón de visitas mensuais

Redacción
Publicado: 21/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

juanmanuelmartinezvarela_blogdechollos.jpgA plataforma Blogdechollos.com, creada hai cinco anos polo emprendedor galego Juan Manuel Martínez Varela, acadou a cifra do millón de visitas mensuais. Segundo nos conta o impulsor da iniciativa dende o seu centro de actividade en Ares, estas e outras cifras converten a plataforma de raizame galega na meirande comunidade de compradores en liña na procura de aforro: unha comunidade dun millón de internautas (250.000 usuarios habituais), na súa maioría potenciais compradores de idades comprendidas entre os 30 e o 40 anos e que tiran partido de Blogdechollos.com para “localizar e mercar o mellor produto ao mellor prezo, compartir as súas valoracións e, tamén, deixar os seus comentarios para axudar aos que veñan logo, ao resto da comunidade”.
Respecto das orixes da web, todo comezou no domicilio particular do impulsor da iniciativa: unha afección en casa que logo, en poucos anos, foi quen de transformarse nunha empresa con cinco traballadores en persoal que, con periodicidade diaria, localizan, contrastan e argumentan as mellores ofertas en roupa, libros, electrónica de consumo, música, viaxes, material deportivo e outras referencias, entre as que veñen de incorporar (hai pouco) a comparativa de tarifas de telefonía.
blogdechollos_app.jpgSegundo nos conta Juan Manuel, un dos piares da plataforma é a confianza. “A comunidade confía en nós”, sinala, “somos amigos dos consumidores, e por iso o contido do noso blog é moi selectivo”. Toda esta actividade xerada no ámbito influencer conseguiu que as recomendacións xeren arestora compras por valor de 500.000 euros mensuais, cifra que, en palabras do empresario, “anima a empresas punteiras do comercio electrónico a ofrecer de maneira exclusiva descontos especiais para os usuarios de Blogdechollos; é o caso, por exemplo, dalgúns produtos do xigante Amazon”.
O creador da plataforma salienta a maiores outro piar fundamental: o dinamismo posto en xogo na web. “Cada día”, comenta, “os expertos analizan entre 100 e 150 artigos novos, dos que son incorporados só os 15 ou 20 mellores”. Segundo explica, “trátase de facilitar a información máis relevante e facelo coa maior fiabilidade; nós axudamos á xente, simplificamos o proceso”.
Tamén engade que a “funcionalidade estrela” para os lectores de Blogdechollos.com é sen dúbida a oportunidade de subscribirse á web para recibir avisos personalizados mediante Whatsapp. A isto cómpre engadir a intensa actividade xerada no Facebook e máis no Twitter. Por outra banda, os membros da rede Blogdechollos contan cunha aplicación móbil para empregar o blog optimizado desde dispositivos Android, e os desenvolvedores están a ultimar xa a versión de esta ferramenta para usuarios de iPhone, que estará dispoñible, comentan, a partir do mes de maio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?