Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O director de Atresmedia Dixital fala en Pontevedra das múltiples novas faces da TV
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O director de Atresmedia Dixital fala en Pontevedra das múltiples novas faces da TV

Redacción
Publicado: 21/04/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_pontevedra_atresmedia.jpgCo motivo da celebración da Semana da Creatividade e da Innovación o director xeral de Atresmedia Dixital (propietario de canles como La Sexta ou Antena 3), José Manuel González, levou a cabo onte un relatorio na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, Campus de Pontevedra. Nesta xornada abranguéronse temas como a difusión dos contidos televisivos a través de plataformas dixitais, que para o grupo Atresmedia supón arestora do 15% ao 20% da audiencia total dalgunhas das súas series ou programas. “O consumo deste tipo de produtos a través de Internet nos días seguintes á súa emisión é cada vez maior e o labor que temos as televisións é explotar eses contidos e ese consumo dun xeito semellante a como se fai na televisión tradicional”, salienta o director xeral da área dixital deste grupo audiovisual.
Outro dos aspectos a tratar nesta conferencia, inserida na Semana da Creatividade e da Innovación, foi o rol decisivo que xogan os teléfonos móbiles e as tabletas neste senso, pois nos últimos anos estes trebellos pasaron a ser xanelas importantísimas para a difusión de contidos audiovisuais alén do televisor, como lembrou González Pacheco, que apuntou que a porcentaxe de programas do grupo vistos a través de internet con este tipo de dispositivos “pasou de ser dun 5% hai tres anos a preto do 60%”. E se a isto se engade “que as televisións conectadas a internet teñen cada vez unha meirande penetración nos fogares”, o resultado final é que este “consumo diferido seguirá a medrar de maneira relevante”.
Atendendo a este novo xeito de consumir televisión, cómpre “anticiparse e ver as tendencias e a evolución que hai nesta industria noutros mercados”, como podería ser o estadounidense, apuntou González Pacheco que incidiu na importancia de sermos quen de rendibilizar este novo xeito de consumo televisivo.
Porén, non é preciso crear alarmas pois “o medio tradicional segue sendo moi importante”, como recoñeceu o responsable de Atresmedia, que defende que as novas xanelas para a difusión de contidos non están a supor unha canibalización da televisión tradicional, senón que pola contra “axudan a fidelizar á audiencia”. Nese senso, González Pacheco salientou que “hai moitos exemplos que temos medidos de usuarios das nosas series e programas que as consumen deste xeito porque no intre da emisión non poden velos, polo que non restan audiencia, senón que a suman”, motivo polo que salientou que estas novas ventás están a contribuír “a que sexa maior a porcentaxe de público que consume máis televisión e máis contidos”.
Asemade, tamén no marco das actividades da Semana da Creatividade e da Innovación, a Casa das Campás acollía na tarde de onte un relatorio do responsable de proxectos de innovación de Inditex, David Alayón. No relatorio, titulado Tecnocreatividade, claves para entender e vivir o renacemento dixital, este experto afondou nos cambios políticos, económicos, sociais e culturais xerados nos últimos tempos cun denominador común, a tecnoloxía.
E xa volvendo ao presente, hoxe ás 11:00 h o campus de Vigo acollía outro relatorio titulado Un cubo de realidade ampliada no ensino da combustión, impartido na facultade de Ciencias da Educación e do Deporte por Ana de Echave, profesora da Universidade de Zaragoza.
Facendo dobrete, Echave participará no encontro que dará comezo ás 18:00 horas na Casa das Campás, e no que diferentes profesores do campus exporán experiencias docentes e proxectos desenvolvidos co alumnado e que se completará cunha charla desta investigadora sobre como fomentar a creatividade coa realidade aumentada.
De seguido, na tarde de hoxe (ás 20:30 horas) a Casa das Campás servirá de escenario para o concerto do Dúo Fírveda, actividade que tamén se insire nesta Semana da Creatividade e da Innovación ao igual que o concurso de fotografía a través de Instragam, ao que se presentaron xa máis de 70 imaxes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?