Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O IGAPE aposta pola formación en ciberseguridade como “desafío irrenunciable”
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O IGAPE aposta pola formación en ciberseguridade como “desafío irrenunciable”

Redacción
Publicado: 21/04/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20160421_ciberseguridade_01.jpgA Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e máis o IGAPE organizan hoxe en Santiago unha xornada técnica sobre ciberseguridade, no Hotel Porta do Camiño e con relatorios que se estenden ata as 14.30 horas. A inauguración do encontro contou coa presenza polo director do instituto galego, Javier Aguilera, que salientou a capacitación de técnicos e directivos como un aspecto clave para que as empresas poidan previr ou minimizar os riscos de ciberataques. Tamén lembrou o papel xogado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en materia de formación especializada (e continua) sobre protección dixital e salvagarda de información. A xornada de hoxe insírese no programa Capacita, en palabras de Aguilera, un exemplo máis deste compromiso a prol da divulgación en seguridade TIC.
20160421_ciberseguridade_02.jpgO director do IGAPE engadiu que “apostar pola ciberseguridade desde as empresas é imprescindible para garantir a súa competitividade, ao tempo que recoñeceu que os clusters tamén están a actuar neste eido”. Asemade, sinalou que a protección da información e das comunicacións, “reforzada mediante a formación especializada a directivos e técnicos”, ten que constituír “un desafío irrenunciable”.
A xornada sobre a ciberseguridade nas empresas que se desenvolve hoxe en Santiago inclúe relatorios sobre a seguridade da información na estratexia, sobre a xestión de novas ameazas, sobre oportunidades e riscos da xestión masiva de datos (Big Data), sobre a tecnoloxía como facilitador da xestión corporativa de riscos ou sobre o novo regulamento Europeo de Protección de Datos. Entre os relatores participaron directivos de empresas como Emetel, Microsoft España, Grupo Barrabés, BVC Artai, Elecnor ou Grupo El Corte Inglés. Os asistentes tamén tiveron a oportunidade de coñecer casos reais de ciberataques a empresas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?