Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae e a UVigo formarán aos nosos estudantes e profesionais no potencial de Microsoft Excel en análise de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae e a UVigo formarán aos nosos estudantes e profesionais no potencial de Microsoft Excel en análise de datos

Redacción
Publicado: 21/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

excel_2013-2.jpgVitae Consultores e A Universidade de Vigo van organizar os días vindeiros unha actividade sobre as posibilidades que ofrecen as follas de cálculo de Microsoft en materia de analítica de datos. Falamos do Curso Análise Avanzada da Información con Microsoft Excel, do que xa podemos extraer información útil dende a web de Vitae e en formato PDF. Celebrarase do 27 de maio ao 1 de xullo, na Escola de Enxeñaría Industrial do Campus, e terá unha duración de 40 horas. Segundo sinalan dende Vitae acerca da temática do curso, Microsoft Excel 2013 é unha ferramenta informática amplamente empregada no mundo empresarial, tanto pola facilidade do seu uso como polas prestacións que ofrece. “Esta actividade”, explica a academia TIC, “permite obter os coñecementos avanzados para analizar e tratar a información coa dita folla de cálculo de Microsoft, versión 2013”.
Ademais, entre os obxectivos da actividade formativa figuran os seguintes: achegar coñecementos avanzados para o tratamento de listaxes de formación (con fórmulas e funcións e simulacións avanzadas de listaxes ou táboas de datos), fornecer información avanzada para crear e modificar macros en Excel para a automatización de tarefas con todos os programas de Office, e tamén subministrar os recursos precisos para interpretar e entender a funcionalidade VBA, Visual Basic for Aplicattions.
O curso vai dirixido, en palabras de Vitae, a “calquera profesional ou estudante que busque coñecer as técnicas e ferramentas para a análise de datos coa folla de cálculo líder indiscutible durante os últimos 20 anos”.
O encargado de impartir os contidos será Carlos González Jardón, PMP polo Project Management Institute dende febreiro de 2005, enxeñeiro técnico en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, colexiado do CPETIG e arestora membro da compañía Tecnocom como coordinador de Proxectos de Banca e Servizos PMO. Nos últimos anos impartiu con Vitae Consultores máis de 30 accións formativas relacionadas coa xestión de proxectos en diferentes empresas e institucións académicas (Universidade de Vigo, Centro Tecnolóxico Gradiant, Inditex, Centro de Investigación TIC-CITIC, Tecnocom, Abanca, etc).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?