Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lanzada a convocatoria de axudas para habilitar redes de 100 Mbps nos nosos polígonos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lanzada a convocatoria de axudas para habilitar redes de 100 Mbps nos nosos polígonos

Redacción
Publicado: 22/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

poligono_industrial.jpgA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) lanzou este venres unha convocatoria de axudas para despregar redes de 100 Mbps en polígonos industriais da nosa terra. Así se reflicte no Diario Oficial de Galicia (accesible en formato PDF) publicado hoxe, onde se dá conta dos devanditos apoios orzamentarios para incentivar o traballo dos operadores nas áreas fabrís e produtivas que aínda non conten con cobertura nin coa previsión de dar acubillo ás devanditas redes. Segundo sinala AMTEGA, trátase da primeira medida do Plan de Banda Larga de Galicia 2020, que desenvolve a Xunta a través da axencia.
A convocatoria, engade a entidade que dirixe Mar Pereira, establece un obxectivo total de 115 polígonos divididos en tres prioridades (alta, media e baixa), fixando unha cobertura mínima de 50 polígonos industriais. “Deste xeito”, explica AMTEGA, “garántese que como mínimo o 60% dos polígonos industriais de Galicia, nos que se concentra case o 90% da superficie empresarial ocupada, dispoñan de acceso a redes de 100 Mbps no ano 2018”.
A AMTEGA destina a esta convocatoria un orzamento máximo de 3.424.610,80 euros no período 2016-2018, e estima que o investimento total que se xerará será de máis de 5,2 millóns de euros. As subvencións que se concedan non superarán o 65% do custo total do proxecto. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
Nas bases tamén se fai saber que os operadores de telecomunicación potencialmente interesados poderán presentar as súas solicitudes no prazo máximo dun mes dende o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG. A convocatoria inclúe un anexo cos polígonos industriais que poden acollerse a subvención por ser considerados “zonas brancas” de redes de nova xeración, é dicir que carecen de cobertura destas redes nin previsión de dispoñer delas .
As redes coas que se dote aos polígonos, segundo estipula a Axencia, deberán proporcionar servizos de cando menos 100 Mbps de baixada e 20 de subida, “ofrecendo unha garantía de caudal do 80% e non limitar as descargas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?