Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo fortalece o seu programa TIC para maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo fortalece o seu programa TIC para maiores

Redacción
Publicado: 25/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_lugo_presentacion_actividades_maiores-3.jpgA Deputación de Lugo presentou a semana pasada o seu novo programa de actividades para os maiores da provincia, un cumprido feixe de accións que pasan, boa parte delas, polas cuestións da alfabetización dixital e do envellecemento saudable a través do emprego das novas tecnoloxías da información. O programa foi dado a coñecer no marco da 28 edición do Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía. A Deputación deu a coñecer que duplicará os obradoiros e eventos para os maiores nos 67 concellos da provincia. Así o comunicou o deputación de Innovación e TIC, Pablo Rivera, no transcurso do devandito congreso organizado pola Sociedade Galega de Xeriatría.
Rivera Capón interveu no evento co relatorio Proxectos de alfabetización dixital no adulto maior, no que detallou o programa que leva adiante o organismo provincial e explicou, en detalle, as actividades enmarcadas no marco das accións de promoción da autonomía persoal que xestiona a Fundación TIC da Deputación de Lugo. “Por unha banda promovese a autonomía persoal dos maiores da provincia en base a novas Tecnoloxías de Información e Comunicación, utilizando tecnoloxías como o iPad tipo tableta, ou introducir ou Wii Fit dispositivos Kinect que permiten a interacción con eles dunha forma agradable”.
Asemade, lembrou o fornecemento de servizos para “obter unha maior capacitación cognitiva con obradoiros de memoria”, ou para fortalecer os sentidos “a través de exercicios co dispositivo electrónico e mellorar as súas capacidades cognitivas”. Tamén recordou a achega, dende a Deputación, de servizos de estimulación funcional para maiores: ximnasia, coas tecnoloxías do tipo Kinect, Wii Fit, etc., “o que permitiu a estimulación funcional e motora dos nosos maiores”, engadiu.
Por liñas de acción, lembrou a actividade xerada a través de Senior TIC, que é un programa de formación en novas tecnoloxías que ten o obxectivo de levar este tipo de ferramentas dixitais aos maiores de toda a provincia, ou tamén a través de NutreTIC, que aposta polo “uso lúdico e dinámico das novas tecnoloxías na implantación da educación nutricional para as persoas maiores”. Outra das liñas destacadas, dixo, é a que propón Memoria Dixital TIC TAC, “un proxecto concibido para aplicar os recursos dixitais na recuperación da memoria histórica, especialmente no caso dos que residen na zona Rural”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?