Dende o lanzamento de Chrome OS como sistema operativo para equipos informáticos hai rumores da posibilidade de que Google remate fusionando esta plataforma con Android, por estar cada vez máis próximas en funcionalidades e usos, e aínda que dende a compañía de Mountain View insisten en que teñen unha orientación o suficientemente diferenciada como para manter cadanseu camiño, as melloras que chegarán con Android N fan que cada vez sexa máis difícil elixir entre un ou outro sistema operativo, o que parece que vai complicarse, xa que anacos de código descubertos por usuarios dan a entender que Chrome OS vai comezar a correr aplicacións para Android e, de feito, o propio menú de configuración do sistema permitiría activar as aplicacións para Android, mentres que na tenda de Google Play tamén figuran referencias ao Chromebook, polo que estamos practicamente ante a confirmación de que os equipos con Chrome OS terán acceso tanto ás aplicacións para Android como á súa principal tenda de aplicacións.
Esta funcionalidade sería opcional, e dá a impresión de que presentarase dentro de menos dun mes no marco da Google I/O que se celebrará en Mountain View, podendo converterse en todo un incentivo para apostar por Chrome OS, xa que ampliaríase enormemente o seu abano de aplicacións dispoñibles.
Chrome OS podería correr aplicacións para Android en breve
Compartir Este Artigo
