Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coordinadora de ENDL e a investigadora Susana Oubiña achegan a robótica a 40 centros educativos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coordinadora de ENDL e a investigadora Susana Oubiña achegan a robótica a 40 centros educativos

Redacción
Publicado: 26/04/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

robotica_susana_oubina.jpgA Coordinadora Galega de ENDL organiza este martes 26 unha videoconferencia sobre robótica. Na actividade participarán arredor de dous milleiros de alumnos de 40 centros educativos da nosa terra (cursos de 5º e 6º de Primeira e 1º da ESO). Insírese no (amplo) programa de celebracións do cuarto Día da Ciencia en Galego da Coordinadora. A videoconferencia será impartida por Susana Oubiña Falcón, investigadora e profesora de Tecnoloxía no IES de Vilalonga, quen desenvolverá a charla en streaming baixo o epígrafe Arpa Leap Motion ao tempo que interactuará cos estudantes participantes a través do chat habilitado. Susana Oubiña é autora de múltiples traballos de investigación sobre gamificación, redes sociais, computación ubicua, robótica, redes e sistemas informáticos.
A Coordinadora Galega de ENDL organiza por sexto ano consecutivo este evento con motivo do Día da Ciencia en Galego, que reivindica o uso vehicular da lingua galega nas materias científico-técnica, onde, en palabras da plataforma, “o seu uso é marxinal tras a imposición do Decreto do Plurilingüismo por parte da Consellería de Educación”.
Na videoconferencia, que dará comezo ás 11:30 horas e terá unha duración dunha hora, Susana Oubiña Falcón, profesora de Tecnoloxía no IES de Vilalonga e investigadora, licenciada en Ciencias Físicas na especialidade de Electrónica pola USC e Máster en Enxeñería Telemática pola UVigo, ofrecerá una charla baixo o título Arpa Leap Motion. O reto, sinala a plataforma organizadora da actividade, consiste en conseguir deseñar, programar e facer soar unha arpa, para que o alumnado cree a súa propia música. Para acadalo, a investigadora introducirá os rapaces e rapazas na robótica utilizando o software Scratch 2.0, que conectará ao dispositivo de infravermellos Leap Motion. Como produto final, obterase un instrumento musical (arpa), que se poderá usar, segundo sinala a Coordinadora, “de maneira moi sinxela”. Ou sexa, só movendo no aire os dedos das mans.
O evento, que se vai retransmitir por YouTube, será seguido por 2000 alumnos e alumnas de 40 centros educativos de toda Galicia. Ademais de seguir en vivo a intervención da conferenciante, o alumnado poderá trasladarlle preguntas a través dun chat.
“Esta videoconferencia e mailas numerosas actividades presenciais que se desenvolveron no mes de novembro nos centros educativos, nas universidades e en diversas institucións”, explican dende a plataforma, “procura que o alumnado teña acceso á ciencia sen ningún tipo de prexuízos, nin sobre a ciencia, nin sobre todo en canto ás posibilidades de aprendizaxe da ciencia en calquera idioma, tamén o galego”.
Os colectivos convocantes (AGAPEMA, APETEGA, ENCIGA e IGACIENCIA) e as institucións e entidades que se suman cada ano a esta data reivindicativa, como a CGENDL, queren expresar deste xeito “que todos os idiomas, neste caso o galego, apréndese usándoos en todos os contextos, tamén nos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, a pesar do Decreto para o Plurilingüismo que a Consellería de Educación impuxo para eliminar o seu uso como lingua vehicular de diferentes materias destes ámbitos”, explican.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?