Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Industria 4.0, ao detalle os vindeiros 9 e 10 de maio nas sedes de GAIN e CIS Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Industria 4.0, ao detalle os vindeiros 9 e 10 de maio nas sedes de GAIN e CIS Galicia

Redacción
Publicado: 26/04/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

multiforo_4.0.jpgOs días 9 e 10 de maio vaise celebrar na nosa terra o Multi-Foro Industria 4.0, un evento que ten o obxectivo de facilitar a adaptación das empresas industriais ás tecnoloxías da Industria 4.0, en palabras dos organizadores do encontro “tecnoloxías que están a configurar unha nova realidade industrial a escala global”. A cita contará con representantes dos gobernos galego e estatal, presentando os detalles da folla de ruta da Industria 4.0 para ámbalas administracións. Entre outros, participarán o presidente da Xunta, o ministro de Industria e directivos das empresas Indra, Telefónica, Navantia ou Grupo PSA. Tamén achegarán relatorios a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), o Centro Tecnolóxico Gradiant, EnergyLab ou a axencia AMTEGA.
Os representantes das devanditas entidades analizarán as tecnoloxías clave do que se coñece como Industria 4.0. Farano en catro foros temáticos, que se desenvolverán durante os días 9 e 10 de maio nas sedes de GAIN en Santiago e en Ferrol (CIS Galicia). De maneira paralela, habilitarase unha sala de exhibición onde os asistentes poderán coñecer o primeiro prototipo galego de coche autónomo e de UAV (Vehículo Aéreo non Tripulado), ver como funciona un robot colaborativo, presenciar un proceso de deseño 3D e fabricación dixital, coñecer tecnoloxías de impresión 3D (bioimpresión) ou probar novos dispositivos de realidade virtual que se lanzarán ao mercado en 2016. Por temáticas, estas serán as principais no Multi-Foro: nanotecnoloxía, robótica, fabricación aditiva, impresión en 3D, bioimpresión, realidade virtual, realidade aumentada, simuladores, computación, UAV ou drons.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?