Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Altia, elixida para desenvolver a plataforma da Bolsa Nacional de Emprego de Chile
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Altia, elixida para desenvolver a plataforma da Bolsa Nacional de Emprego de Chile

Redacción
Publicado: 26/04/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Tino Fernández, presidente da compañía galega Altia
Tino Fernández, presidente da compañía galega Altia
A empresa Altia, especializada en servizos avanzados de alto valor engadido no sector TIC, vén de anunciar a sinatura dun contrato co Ministerio do Traballo e Previsión Social do Goberno de Chile, por valor de máis de 2,9 millóns de euros, para desenvolver o servizo de soporte informático que permita a administración da Bolsa Nacional de Emprego (BNE) do país andino. Emporiso, mediante a BNE o Goberno chileno achega prestacións ás persoas que perderon o seu traballo e favorece a procura de emprego ao permitir a oferta de vacantes laborais por parte de potenciais empregadores. Asemade, coa BNE certifícase a situación da persoa como desempregada e que está a buscar emprego de maneira activa.
Altia foi elixida para este cometido grazas á súa experiencia na introdución de solucións informáticas (para diferentes administracións públicas do noso país), relacionadas coa xestión da activación, inserción e intermediación laboral, determinantes á hora de conseguir a adxudicación deste contrato, un dos máis relevantes que a compañía asinou no eido internacional.
A finalidade deste contrato é realizar un novo desenvolvemento informático para a BNE e, mentres este non estea operativo, continuar coa administración da actual plataforma. Unha vez desenvolto o novo sistema informático, Altia ocuparase tamén da súa administración e mantemento.
Amais disto, o contrato prevé a posta en marcha dunha Mesa de Axuda para a actual e para a nova plataforma informática da BNE, así como a subministración, instalación, mantemento e albergue da súa infraestrutura tecnolóxica.
Outro aspecto que se prevé no servizo é o deseño, realización e execución dun plan de difusión que permita incrementar o número de empresas que publican as súas ofertas na BNE, así como a cifra de postulacións ás mesmas por parte dos demandantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?