Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CiTIUS convoca cinco bolsas de verán para iniciar estudantes na investigación TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CiTIUS convoca cinco bolsas de verán para iniciar estudantes na investigación TIC

Redacción
Publicado: 26/04/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Exterior do edificio do CiTIUS no Campus Sur de Santiago
Exterior do edificio do CiTIUS no Campus Sur de Santiago
O CiTIUS (Centro de Investigación en Tecnoloxías da información da Universidade de Santiago) vén de convocar cinco bolsas de verán cuxo obxectivo é iniciar e afianzar no ámbito investigador TIC a outros tantos estudantes. O requisito que se lles esixe é ter rematado o terceiro curso do grao en Informática ou de Telecomunicacións, Matemáticas, Física ou disciplinas semellantes. Os aspirantes poderán optar ás cinco prazas que convoca o CiTIUS co seu programa de Bolsas de Investigación Verán 2016. Tamén poderán concorrer quen teña superado 140 créditos cunha nota media igual ou superior a 8,0. Cada unha das bolsas está dotada con 700 euros e unha axuda económica por gastos de traslado.
Segundo informa a dirección do centro, con esta iniciativa “ofrecemos aos participantes a oportunidade de viviren unha experiencia investigadora coa que poderán aproximarse ás últimas tecnoloxías relacionadas co Big Data, a Visión Artificial ou os últimos avances en técnicas de ensino para o tratamento de información temporal”.
Nun plano máis concreto, terán ocasión (durante o mes de xullo) de traballar directamente cos investigadores principais do centro nunha das liñas de investigación incluídas nos Programas Científicos, así como participar en relatorios e ciclos formativos que terán lugar durante a túa estadía.
Os Programas Científicos entre os que se poderán elixir son os de Computación de altas prestacións e computación na nube; eSaúde; Enxeñaría de datos; Intelixencia ambiental e interfaces multimodais, Intelixencia de negocio e na web; Robots persoais; e Visión artificial. As persoas interesadas deberán remitir a documentación requirida a citius.idi@usc.es indicando no asunto “Bolsa de verán” antes das 23.59 horas do 22 de maio. As bases da convocatoria (en PDF) e o formulario de solicitude poderá descargarse da web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?