O Centro Demostrador TIC (CDTIC organiza o día 28 de abril unha actividade formativa que leva por título Mellora a túa produtividade e a xestión do tempo desde o móbil, que se impartirá nas súas instalacións de 16:00 a 18:00 horas e amosará como xestionar e priorizar as tarefas máis salientables co móbil e como apoiarse nas aplicacións dispoñibles.
O programa desta xornada inclúe temas como a xestión e a optimización dos tempos, a mellora das funcionalidades da axenda, a aplicación e a xestión de tarefas, e a automatización de tarefas e o aforro de tempos, materias que resultan de especial interese para traballadores, autónomos e PEME. O encargado de impartir a sesión será Moisés Castro, consultor da empresa Estrategia y Organización, especializado en temas de comunicación e tecnolóxicos, plataformas en liña e sistemas de vixilancia.
Para participar nesta actividade cómpre inscribirse na web do CDTIC, sendo a asistencia de balde.
Unha xornada no CDTIC instruirá aos profesionais na mellora da súa produtividade co móbil
Compartir Este Artigo

