Google anunciou hoxe o que define como a reinvención de YouTube no móbil, e que consiste nun par de cambios moi importantes, que afectan ao deseño da aplicación móbil e á explotación publicitaria desta plataforma audiovisual.
No que a deseño se refire a aplicación de YouTube para Android e iPhone muda a partires de hoxe, presentando unha pantalla de entrada redeseñada, cun formato simple e limpo que convida a descubrir e gozar dos contidos, cunhas imaxes máis grande e en alta resolución, así como tamén destacará ao creador de cada vídeo, atendendo así ao uso maioritario desta ferramenta. Pero o principal cambio deste novo deseño non é tan doado de percibir a simple vista, xa que consiste en que as recomendacións personalizadas que realiza a aplicación empregan tecnoloxía de redes neuronais profundas, o que significa que poden atopar patróns automaticamente e continuar aprendendo e mellorando sobre a marcha, de xeito que os usuarios recibirán suxestións dos vídeos máis recentes e dos creadores dos que máis gusten.
O outro grande cambio busca adaptar as cortinillas de anuncio de vídeo aos novos hábitos de consumo (nos que o móbil é a primeira opción para ver vídeo), de xeito que estréase un novo formato de vídeo de 6 segundos que venderase a través de poxa de AdWords con basea en custo por impresión (CPM). Este novo formato busca imporse ao anuncio longo tradicional que pode saltarse aos 6 segundos, xa que cos anuncios curtos garántese a súa reprodución íntegra, mellorándose o impacto, aínda que supón certos retos para as creatividades publicitarias.
YouTube renóvase no móbil e estrea novo formato publicitario
Compartir Este Artigo
