Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica e MySphera unen forzas para dar forma á saúde do futuro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica e MySphera unen forzas para dar forma á saúde do futuro

Redacción
Publicado: 27/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Fernando Abella e Salvador Vera, CEO de MySphera
Fernando Abella e Salvador Vera, CEO de MySphera
Telefónica quere afondar na súa liña de traballo en eSaúde, que é como se coñece a confluencia entre novas tecnoloxías e atención médica (as primeiras mellorando a segunda). Con este obxectivo vén de asinar un acordo coa compañía MySphera para implantar nos hospitais as tecnoloxías desta última. Como lembraremos MySphera é un referente no desenvolvemento de sistemas de localización e identificación de pacientes. As súas tecnoloxías RTLS e RFID fan seguimento a distancia dos doentes a través da posición dun elemento móbil e dos datos achegamos por este. Estas achegas teñen potencial para abranguer todas as áreas dun centro de saúde e reducir as perdas de equipamento ata nun 95%. Amais, acurtan os tempos de espera en urxencias ata nun 18%. A idea de Telefónica é xuntaren forzas para dar forma ao que cualifica de “Hospital Dixital do Futuro”.
Segundo engade a operadora, con MySphera “mellórase a eficiencia dos procesos e da xestión do inventario; increméntase a seguridade dos pacientes, cuxos familiares reciben información do seu estado e evolución de forma sinxela, e optimízase o uso dos recursos humanos e do material sanitario”.
Telefónica tamén salienta, nun plano máis concreto, o devandito sistema de localización en tempo real (RTLS) para pacientes, profesionais e activos. Este sistema, mediante tags a xeito de pulseiras, cartóns ou etiquetas, emite sinais de identificación a unha rede de antenas instaladas en puntos fixos do hospital que se conectan a un servidor. Este localiza o equipamento ou as persoas que levan a etiqueta dentro do Hospital, “logrando reducir en máis do 50% o tempo empregado na procura do equipamento”, principalmente por parte de celadores e profesionais de subcontratas.
Ademais, explica a operadora, os paneis de información en tempo real que incorpora MySphera informan de maneira automática aos familiares do estado de cada doente evitando as interrupcións ao persoal da unidade.
Para Fernando Abella, director xeral de Negocios Dixitais de Telefónica, “este acordo é un paso decisivo para conseguir o hospital do futuro, máis dixitalizado e onde a xestión de recursos humanos e materiais sexa máis eficiente no control e planificación dos procesos internos de áreas tan críticas das contornas hospitalarias como urxencias, quirófanos ou planta de hospitalización”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?