Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os datos na nube terán unha privacidade total cun novo sistema de cifrado de AtlantTIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os datos na nube terán unha privacidade total cun novo sistema de cifrado de AtlantTIC

Redacción
Publicado: 28/04/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Juan Ramón Troncoso, investigador do Grupo de Procesado da Sinal en Comunicación
Juan Ramón Troncoso, investigador do Grupo de Procesado da Sinal en Comunicación
Logo de dez anos de traballo por parte dos investigadores do Grupo de Procesado da Sinal en Comunicación do centro de investigación AtlantTIC a prol de mellorar a privacidade dos datos procesados na nube, xorde un novo sistema de cifrado que garante a privacidade dende a orixe e permite traballar directamente sobre os datos cifrados sen necesidade de coñecer os seus contidos. Cómpre sinalar que este proxecto nace ao abeiro de TÁCTICA (un proxecto de I+D centrado nas tecnoloxías da información e a comunicación) desenvolvido no seo da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade (co apoio do Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO) e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
En canto á súa finalidade, Juan Ramón Troncoso, responsable desta liña de traballo dentro do equipo que dirixe o catedrático Fernando Pérez González subliña que: “O noso obxectivo é protexer os datos e dar garantías de privacidade e confidencialidade para todos os usuarios, tanto persoas como negocios”.
Para acadar o seu fin este equipo de profesionais desenvolveu unha serie de ferramentas avanzadas de criptografía e procesado seguro de sinal que achegan servizos de maneira totalmente privada e segura desde a orixe, sen que ningunha das partes externas que interveñen no procesado dos datos teña acceso aos mesmos. Esta tecnoloxía, que aplican principalmente en sinais multimedia (audio, vídeo, biometría, datos xenéticos, ADN…) permite traballar de xeito cego sobre as comunicacións cifradas, sen necesidade de coñecer o contido das mesmas. “Cun cifrado tradicional da canle de comunicación non se pode ver o contido, pero tampouco é posible modificalo nin procesalo, mentres que con estas novas técnicas o servidor pode traballar sobre os datos sen necesidade de descifralos, coñecelos e volver a cifralos”, explica Troncoso, que abre así a porta a servizos na nube cunha garantía plena de confidencialidade e privacidade para os usuarios, xa que nin sequera o provedor ten acceso aos seus datos.
Malia ser unha área de investigación recente, os investigadores desenvolveron un demostrador que emprega un esquema de cifrado propio, podendo cifrar calquera tipo de sinais multidimensionais (audio, imaxes, vídeos, ecografías 4D…) de maneira moi compacta e procesalas eficientemente no dominio cifrado, permitindo realizar multitude de operacións (filtrados, busca de zonas de interese na imaxe, realce de bordes…) de xeito transparente para o usuario e evitando a necesidade de dispor dun hardware específico.
Para rematar cómpre lembrar que nos últimos anos, a lexislación española e (especialmente a da Unión Europea) está a avanzar con paso firme cara á provisión de maiores garantías na protección dos datos persoais en case calquera contexto; con todo, iso non significa que as aplicacións que a sociedade emprega decote introduzan os mecanismos tecnolóxicos axeitados para garantir a súa seguridade e preservar a súa intimidade, especialmente coa rápida evolución da Internet das Cousas e os fogares conectados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?