Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un estudo dunha investigadora galega di que a rapazada segue preferindo a televisión sobre os dispositivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un estudo dunha investigadora galega di que a rapazada segue preferindo a televisión sobre os dispositivos

Redacción
Publicado: 28/04/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_beatriz_feijoo.jpgOs tempos mudan, mais as preferencias en canto a lecer dos menores semellan non variar moito co paso dos anos, así o constatou a investigadora de CCSS e da Comunicación Beatriz Feijóo na súa tese de doutoramento A infancia ante as pantallas: Análise do consumo de medios audiovisuais (TV, videoxogos e internet) entre os nenos galegos do último curso de primaria en 2010. No traballo levado a cabo por Feijóo entrevistáronse a máis de 2000 estudantes de 6º de primaria de diferentes localidades galegas concluíndo que, malia que internet e os videoxogos ocupan cada vez un meirande espazo na vida da rapazada, a televisión continúa a ser a predilecta. Outro deito a sinalar froito deste estudo é que os nenos e nenas galegos adican máis de dúas hora ao día ao consumo destes tres medios, segundo constatou a investigadora.
Outro aspecto comprobado é que o tempo adicado a estes dispositivos “increméntase de xeito acusado” nas fins de semana, así como o feito de que o peso crecente que estas teñen na vida e no lecer dos nenos non implica o abandono das actividades sociais, “xa que a maioría sinalaron que tamén lles gusta moito investir o seu tempo libre cos seus amigos ou xogando na rúa”.
O obxectivo final deste ensaio, dirixido polos profesores de CCSS e da Comunicación Aurora García e Jesús Pérez Seoane, era o de coñecer “o nivel de penetración e uso das pantallas” entre a infancia. Para iso, realizou unha enquisa a un total de 2202 estudantes de 77 colexios públicos e privados das catro provincias, que responderon a un cuestionario encamiñado a coñecer o tempo adicado á televisión, internet e os videoxogos, así como as súas “preferencias para o tempo libre”.
“Como consecuencia, os nenos cada vez se distancian máis das maneiras tradicionais de lecer infantil e optan polas novas tecnoloxías que os achegan a modelos de lecer adulto”, engade a investigadora, quen, non obstante, puido comprobar que o tempo que os cativos e cativas adican ás pantallas “non implica que desatendan as actividades sociais”.
En resumo, os nenos e nenas galegos adican máis de dúas horas ao día a estes tres medios, un tempo que “se incrementa de xeito acusado os sábados e domingos” e que tamén é maior no caso dos nenos con respecto ao das nenas, segundo comprobou Feijóo, quen tamén atopou que “as preferencias en canto a contidos” difiren bastante segundo o sexo, “sobre todo en programas de televisión e na selección de videoxogos”.
No tocante á televisión, preto do 65% dos enquisados afirmaron adicarlle “ata dúas horas” nos días de colexio, “un consumo que se incrementa de maneira considerable nas fins de semana”, mentres que no caso de internet, presente no 76% dos fogares dos enquisados, con “grandes diferencias” no grao de penetración entre a contorna urbana e o rural, a maioría declararon permanecer conectados menos dunha hora durante os días de colexio, tempo que de novo se incrementa nas fins de semana. Por último, os cativos aseguraron adicar menos dunha hora ao día aos videoxogos durante os días de colexio, mentres que, en sábados e domingos, “máis do 50% afirmou xogar entre unha e tres horas”.
Outra das conclusións deste estudo é que os nenos e nenas consumen produtos “non recomendados para a súa idade”. Nese senso, Feijóo apunta que, no tocante á televisión citaron programas “non aptos para unha audiencia menor de 12 ou 16 anos”, ao igual que aludiron a videoxogos para maiores de 18. De feito, a investigadora sinala que mentres que na televisión os nenos e nenas “en xeral si adoitan ver as series e debuxos animados” dirixidos a esta franxa de idade, no tocante aos videoxogos as súas preferencias pasan por aqueles “de uso xeneralizado en todas as idades”. Do mesmo xeito, en internet ademais de “visitar portais e servizos restrinxidos por lei a usuarios maiores de 14 anos, como as redes sociais”, optan por empregar tamén ”servizos, aplicacións ou portais pensados para un público adulto”, explica Feijóo, que incide na súa tese no papel que deben xogar pais e nais, como “responsables da alfabetización dixital dos nenos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?