Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apoio da Comisión de Cooperación coa UNESCO ao certame galego D3Mobile
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apoio da Comisión de Cooperación coa UNESCO ao certame galego D3Mobile

Redacción
Publicado: 29/04/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

d3mobile-5.jpgA Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO vén de anunciar que patrocinará o campionato galego D3Mobile Metrology World League. O apoio da Comisión ao certame (un concurso de alcance internacional no que se convida ás novas xeracións a facer modelos 3D de precisión coa axuda dos seus dispositivos móbiles) materializarase en 2017. Como lembraremos, a liga mundial vén da man do grupo de investigación USCAN3D da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e outras entidades. Segundo sinalan os responsables do proxecto D3Mobile, “o compromiso de apoio recibido pola UNESCO constitúe un novo recoñecemento e tamén un gran orgullo para o grupo de investigación USCAN3D da USC”. Ademais, inciden nas posibilidades de difusión que se abren co devandito patrocinio, “un distintivo de calidade que levará aínda máis lonxe o campionato”.
O profesor Juan Ortiz (USCAN3D) precisou asemade que o respaldo recibido responde a que a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO cualifica este campionato científico escolar de “actividade interesante e con importantes contribucións á filosofía da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e Cultura”.
Tamén lembrou que o certame D3Mobile Metrology World League 2016 está a rexistrar arestora as mellores cifras de participación de estudantes (1.348), profesores (249), centros (223) e países (37) das catro edicións deste certame desenvolvidas ata o de agora, representando un medre de entre un 10 e un 30 % respecto do ano anterior. “O 27 % destas novas promesas”, sinalo, “son estranxeiros, o que implica un notable incremento no grao de internacionalización deste campionato respecto da terceira edición celebrada en 2015”.
Segundo fixo saber, “os modelos 3D presentados a concurso na edición 2016 do D3Mobile presentan elevados estándares de calidade, o que denota a valía dos estudantes participantes e tamén do seu profesorado, os verdadeiros protagonistas do campionato, segundo salientan os organizadores”. Ortiz sinalou que os equipos participantes na presente edición de D3Mobile amosaron “a súa capacidade para converter os seus propios teléfonos móbiles nunha ferramenta de medida de coordenadas 3D de precisión cun nivel de error mínimo e todo, cun software gratuíto, dixo”.
Abertas as votacións
Recordar tamén que os organizadores do D3Mobile veñen de abrir o prazo para determinar os modelos 3D máis valorados polo público. O período de votación en liña ficará aberto ata o 3 de xuño na web www.de3mobile.es. Todos os participantes nestas votacións abertas ao público en xeral e a través das que se busca achegar a ciencia á cidadanía, entrarán no sorteo de diversos agasallos. “A divulgación reporta certo recoñecemento social aos autores dos modelos 3D máis votados”, segundo sinalaron o coordinador do D3Mobile, Juan Ortiz, e Mariluz Gil Docampo, directora do grupo de investigación USCAN3D da USC, do que tamén forman parte os investigadores Santiago Martínez Rodríguez e Teresa Rego Sanmartín.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?