Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: InLugo realizou o ano pasado 300 actividades TIC para os maiores da provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

InLugo realizou o ano pasado 300 actividades TIC para os maiores da provincia

Redacción
Publicado: 29/04/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

fundacion_tic_resumo_web.jpgO Padroado da Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, vén de aprobar a memoria de actividades da entidade en 2015. Ou sexa, fixo reconto do acadado ao longo do ano pasado. Na sesión de aprobación estivo presente Darío Campos, presidente do organismo provincial, quen salientou o traballo feito pola Fundación en formación de calidade, promoción da provincia e labor social. Na memoria sinálase en 2015 superouse o número de actuacións respecto aos exercicios anteriores, con máis de 1.100 actividades. “Este aumento”, sinalou Campos, “concentrouse sobre todo no primeiro e último trimestres do ano no InLugo, cunhas 300 actuacións, xa que ampliamos á provincia os cursos e obradoiros e desenvolvemos novos programas con grande acollida entre os maiores”. Como lembraremos, un dos principais cometidos de InLugo (Centro de Innovación Social, emprazado no segundo andar da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC) é promover actuacións e servizos baseados nas TIC e encamiñados a mellorar a calidade de vida dos veciños da provincia e dinamizar o tecido económico.
Nun plano máis específico, InLugo favorece con boa parte das súas actividades diferentes metodoloxías e técnicas de envellecemento activo e saudable a través do emprego das novas ferramentas dixitais.
Amais do devandito, sinalar que o Padroado aprobou a conta anual do exercicio 2015, “cun grado de execución do presuposto do 82,88%”, que ascendeu a 1.608.937 euros.
Segundo comentou na sesión Darío Campos, sen dúbida unha das liñas de acción máis destacadas da Fundación TIC é o seu labor de asesoramento a formación ás persoas maiores de toda a provincia. “Un labor social”, dixo, “que ten aínda máis importancia se atendemos ao papel das novas tecnoloxías, que poden ser as nosas mellores aliadas para que os nosos maiores teñan unha mellor calidade de vida”.
O esforzo inversor neste apartado reflectiuse, dixo, “na boa acollida que tiveron as actividades organizas polo InLugo o ano pasado”. De feito, explicou que na súa sede realizáronse 94 cursos e obradoiros que tiveron unha alta demanda: 1.657 inscricións para 1.100 prazas convocadas. Ademais desenvolvéronse obradoiros por toda a provincia e programas como Memoria Dixital, Sempre en Activo, Camiña coas TIC, Nutretic e Engurras Tic. Outras actividades que acadaron grande éxito de participación entre os maiores foron as xornadas AberTIC; Día Mundial de Internet: Viaxa a mil e un lugar coas TIC; e Nadal: Sons e Recordos.
Segundo engadiu o presidente, outro dos obxectivos da TIC é promover o territorio da provincia como espazo axeitado para a rodaxe e produción de calquera tipo de obras de carácter audiovisual, neste caso a través da Lugo Film Commissión. En 2015 a Film Commssion realizou, dixo, “un exhaustivo traballo de documentación e arquivo fotográfico e de vídeo no que se recollen localizacións que poden servir de escenario a producións audiovisuais de toda índole. Este material está a disposición de todas as produtoras interesadas”.
Na sesión tamén se fixo saber que o ano pasado a Fundación TIC potenciou o programa de visitas didácticas, “aumentando o seu número e ampliado os grupos de idade aos que vai destinado, xa que o ano pasado participaron por primeira vez varios grupos de maiores, ademais dos alumnos de Primaria e Secundaria”. En total, 52 grupos, once máis que o ano pasado, que suman un total de 1.426 persoas, pasaron pola TIC para coñecer as instalacións da entidade así como as distintas especialidades do eido audiovisual que se imparten na EIS.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?