Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG fomenta a programación informática cunha actividade con carácter familiar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG fomenta a programación informática cunha actividade con carácter familiar

Redacción
Publicado: 29/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

scratch_1620724_911646165583871_2164206447719275595_n.jpgCo obxectivo de difundir os valores da programación informática entre os rapaces e os seus pais, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) en colaboración coa Facultade de Informática da Coruña (FIC) organizará o vindeiro día 7 de maio o evento Scratch Day no que os participantes poderán acceder de forma lúdica e divertida ao mundo da programación, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento.
scratch12140642_911646102250544_1630750051014602831_n.jpgO CPETIG quere outorgarlle a este acontecemento un carácter familiar, polo que se dirixe fundamentalmente a rapaces e rapazas de entre 10 e 14 anos, que acompañados dos seus pais, poderán compartir unha xornada aprendendo e gozando da informática. A implicación e a concienciación dos pais neste ámbito servirá de apoio para que os rapaces se sintan atraídos cara a programación informática, de xeito que esta actividade organizada polo CPETIG non sexa unha excepción, senón o principio dun labor a seguir no fogar.
Con esta actividade preténdense difundir as posibilidades que poden ofrecer as TIC, especialmente en idades temporás e contribuír, así, a reducir a fenda dixital.
A xornada comezará ás 9:30 horas coa benvida aos participantes. Logo, entre as 10:00 e as 10:30 horas, terán lugar as presentacións e demostracións, e xa entre as 10:30 e as 13:30 horas, levaranse a cabo os obradoiros de programación en Scratch. A xornada rematará ás 14:00 horas coa presentación dos proxectos.
scratch_12072688_911646158917205_8043696794692558194_n.jpgNo Scratch Day contarase coa participación de profesorado experto en Scratch así como con monitores xurdidos do curso de Scratch para formadores que tivo lugar na FIC o pasado 22 de abril organizado polo CPETIG e a FIC.
Este evento, do que está previsto realizar máis edicións ao longo deste ano, encádrase dentro do convenio de colaboración asinado entre o CPETIG e a AMTEGA o pasado 4 de abril, e os interesados en acudir deberán inscribirse a través da web, distribuíndose logo os asistentes en función da súa experiencia previa con Scratch, xa que haberá tanto un obradoiro de iniciación como outro de nivel avanzado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?