Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra organiza en maio máis de trinta obradoiros TIC para autónomos e PEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra organiza en maio máis de trinta obradoiros TIC para autónomos e PEME

Redacción
Publicado: 03/05/2016
0 Min de Lectura
Compartir
0 Min de Lectura

A fachada do punto CPAE 2.0 de Lalín
A fachada do punto CPAE 2.0 de Lalín
máis de 30 obradoiros a desenvolver durante as vindeiras semanas nos diferentes emprazamentos (Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e Porriño) do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial (a Rede CPAE 2.0, conxunto de centros atendidos por técnicos especializados e novas tecnoloxías). Nesta trintena de actividades a desenvolver no mes de maio nas devanditas localidades poderán participar 64.000 autónomos e PEME da provincia, que segundo sinala a Deputación constitúen o 92% do tecido empresarial pontevedrés.
As actuacións previstas polo CPAE 2.0 seguen a liña de experiencias formativas e divulgativas previas: o obxectivo é axudar aos autónomos e ás PEME a mellorar os seus negocios a través das novas tecnoloxías, “logrando así un aumento da produtividade, introducindo a innovación nos procesos produtivos e servizos, facilitándolles a implantación do comercio electrónico e creando unha nova canle de venda online de produtos e servizos”.
En concreto, a Deputación organiza trinta e seis obradoiros sobre novas tecnoloxías para este mes de maio. Impartirase un curso titulado Elixe a túa plataforma de comercio electrónico en Cambados o 5 de maio, en Ponteareas o 7, en Lalín o 10, no Porriño o 12, en Vigo o 18 e en Pontevedra o 31. O curso Redes sociais para a empresa: É Twitter a túa solución? terá lugar en Cambados o 10 de maio, en Pontevedra o 13 e en Lalín o 23.
O curso Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas desenvolverase en Ponteareas o 19 de maio, en Vigo o 27 e en Lalín o 30. O curso Google Analytics: Iniciación á analítica web impartirase en Ponteareas o 11 de maio e en Pontevedra o 24. O curso A túa páxina web con WordPress farase en Vigo o 14 de maio, no Porriño o 20 e en Cambados o 21.
O curso Rendibiliza o teu perfil profesional en redes sociais impartirase en Vigo o 6 de maio e no Porriño o 31. O curso Fotografía os teus produtos ou servizos para as redes sociais realizarase no Porriño o 9 de maio, en Cambados o 16 de maio e en Pontevedra o 26. O curso Desenvolve a túa propia estratexia de E-mail marketing será no Porriño o 3 de maio e en Ponteareas o 25.
No centro de Pontevedra tamén terá lugar o curso Facebook Ads o 4 de maio e Como crear unha APP e non morrer no intento o 18 de maio. En Vigo tamén se oferta o curso Comercializa os teus servizos a través das redes sociais o día 11 de maio, Google Analytics: Interpretación dos datos e tomas de decisións o 23 e Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas o 27 de maio.
No Porriño desenvólvese ademais o 26 de maio o curso Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope…. . En Lalín haberá ademais o curso Edición de fotografía para plataformas de comercio electrónico o 4 de maio, así como Sácalle partido á túa conta de Gmail o 19 de maio e Mostrario virtual: a fotografía é o produto no medio en liña o 25 de maio. En Ponteareas tamén se poderá realizar o curso Fotografía con Smartphone: PIXLR para Android e IOS o 13 de maio. En Cambados impartirase ademais Como facer unha campaña exitosa de publicidade en Google o 12 de maio e Medios de pago: novas tecnoloxías aplicadas aos pagamentos o 25.
As persoas interesadas nestas actividades de formación teñen toda a información na páxina web do CPAE, cpae20.depo.es ou no seu teléfono 886 202020.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?